Ven, 22 Feb 2013, 21:37
Asunto: Re: SAN MAMEDE DESAFÍO 2013 ---- CASTRO DE ESCUADRO - MACEDA
Dende a directiva da Asociación Cultural e Deportiva VIA XVIII e coa inestimable colaboración da ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA e o CONCELLO DE MACEDA, queremos comunicarlle que o próximo sábado día 2 de marzo de 2013, esta entidade levará a cabo a plantación dunha hectárea de árbores (especies autóctonas que se adaptan o clima e altitude da zona) no monte comunal de Castro de Escuadro o pé da serra de San Mamede.
Dada a magnitude do proxecto posto que implica plantar aproximadamente unhas 1.000 plantas para conseguir repoblar unha hectárea de terreo, precisamos da colaboración de toda aquelas persoas que queiran colaborar co proxecto de forma solidaria.
LUGAR DE REUNIÓN: Centro Social de Castro de Escuadro.
DATA: Sábado 2 de Marzo de 2013.
HORA: 9:30 h (da mañá)
OBSERVACIÓNS:
- Prégase que cada persoa traiga da casa (si dispón dela) algunha aixada ou sacho para poder facer a prantación. Dende a organización trataremos de ter algunhas disponibles para quen non dispoña dela.
- Recoméndase traer roupa de abrigo e impermeable por si as condicións climatolóxicas non acompañan e algunha roupa para cambiarse de volta no coche por si chove.
Confirmar asistencia antes do venres día 1 de Marzo de 2013 no mail: info @ via18.com (neste mail tamén podedes consultar calquera dúbida que teñades).
Agredecendo a vosa colaboración por anticipado;
A DIRECTIVA.