Mér, 16 Xan 2013, 13:18
Asunto: Re: VII Duatlon Cross Concello De Poio
Normativa específica para o Circuíto Galego de Duatlon Cross 2013
1. Compoñen o Circuíto Galego de Duatlon Cross as probas que se celebran en: Ribadumia, Beariz, Candeán (Vigo) e Maside.
2. Para a confección da clasificación final do circuíto, é necesario rematar 1 proba como mínimo. Teranse en conta os dous mellores resultados.
En caso de empate terase en conta: 1º. Participar en tres probas;2º. Mellor posto na última proba.
3. Vencerá o circuíto o que menos puntos acade e a puntuación de cada deportista será en puntos igual ó posto que acade (exemplo: o 1º terá un punto, o 5º terá 5 puntos, …), o deportista que non participe nunha proba terá 300 puntos.
Os participantes nunha proba que non rematen acadarán a mesma puntuación co último da carreira, incluídos os descalificados.
4. Haberá en tódalas probas e ó final do Circuíto as seguintes clasificacións:
- Xeral individual (M e F)
- Xunior (M e F)
- Veterán (M e F)
- Clubs (M e F)
5. Para a clasificación final de clubs seguiranse as mesmas normas que para a clasificación individual.
6. Neste Circuíto e nas clasificacións finais do mesmo, non gañará nunca un deportista de licenza de un día, pero si poderá gañar en cada unha das probas e/ou estar en posto de podio en calquera das categorías existentes a nivel indivual