Mar, 12 Feb 2013, 17:11
Asunto: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.
1. Características do percorrido.
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (26+24), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON) de 8:00 a 8:45
A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
2. Como facer a proba.
A organización posibilita facer o percorrido de 3 formas diferentes:
A/ Camiñando: Haberá retencións nos controis. Entre 7:45 e 12:00 horas
* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro pra “ Copa Galega de Andainas 2013 ”.
(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 4 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2013)
* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
* Descalificaranse aos que corran ou troten na modalidade camiñando.
B/ Sen retencións: Non serán detidos nos controis. Este ano danse 15 minutos maís. Tempo máximo: 6:30 h.
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no Km: 26: De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse a modalidade camiñando, ou abandonar.
C/ Mountain bike (BTT) Non haberá retencións. Este ano danse 30 minutos maís. Tempo máximo: 5:00 h.
* No modo “sen retencións” e “BTT” haberá un tope de 150 prazas (75+75), sendo as 350 restantes para os inscritos en “camiñando”.
* A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” e “BTT” no tempo establecido, daránselle un diploma de participación co tempo empregado.