Mar, 26 Feb 2013, 5:50
Asunto: Re: As mulleres e as carreiras, aquí e nos USA
Cita: |
For the 2012 Boston Marathon, 42% of the entrants were women (11,152 out of 26,656). |
impressive!!
aquí vivimos en outro planeta, ninguén se espanta (entre os corredores) hoxe en día pola participación de mulleres como corredoras populares ou practicantes dun deporte. Pero hai que recoñecer que son minoría por unha marxe moi grande e o peor son os clichés que perviven aínda na sociedade e é ben triste que teña mérito simplemente por
atreverse a practicar publicamente este deporte.
Esto igoal son
taras personales miñas, pero cando nunha popular vexo unha muller de máis de 50 anos participando e disfrutando do seu tempo e afición, non podo deixar de ter certa admiración e moito respeto por ela.
Finalmente, se somos moitos homes de 25 a 45 anos, non notades un baixón na participación nas mulleres desa idade. É como se as rapazas novas aínda non tiveran vergoña por facer deporte pero chega un punto na súa vida que deixa de ser unha afición. Porque
non falo de competir ou de facer marca personal cada semana, falo simplemente de participar e disfrutar de correr. Para esto creo que (se che gusta) é independente da situación laboral, ter fillos, ... Agobios e problemas non son privativos dun xénero.
Quizáis fose interesante que vos (mulleres) participarades neste fío para dicir cómo vos sentides, e cómo vos facemos sentir. Se vos sentides respetadas, se credes que tedes máis dificultades para practicar este deporte,....
Personalmente creo que aínda quedan moitos prexuizos.
-- Chámame "ghose"