Ariberna escribió: |
Teño un problema ultimamente. Pois no xeonllo dereito moléstame para correr e cando me apoio sobre esa perna. É unha sensación como de que vai estralar. Non sentía nada igual dende fai quince anos que me operaron de menisco e ligamento nese mesmo xeonllo. Despois de operarme, tiña unha molestia semellante cada semana, logo reduciuse a unha vez ao mes, logo unha ao ano, e agora leveba anos que non me pasaba nada. Daquelas non sei se me dixeron que era artrite ou tendinite. Déronme vez para traumatólogo a fin de mes. O médico dixo que en exploración non aparecía nada. Déronme seractil de 3-5 días. Doeme pola parte de atrás. Algunha idea? |
Ariberna escribió: |
Grazas jesúse, pero xeonllo é rodilla. Xa teño unhas plantillas feitas por un podólogo, e creo que ese é o problema. Estanme dando máis problemas que "descargas". Mañán probarei a correr sen elas, e unha temporada tamén. Saudos. |
Ariberna escribió: |
Déronme Condrosan 400 para rexenerar cartílago. Durante 3 meses. Empezarei a correr dentro dun. Teño uns exercicios para fortalecer a zona. |