Mar, 07 Mai 2013, 17:38
Asunto: Re: VI Carreira Pedestre do Concello de Outes (17/05/13)
Animar, tal e como dí Kurty á participación nesta bonita carreira, que si ben non é do máis libián, si que ten outros alicientes como son o empezar e acabar en núcleo urban con importante animación nestes dous momentos máis importantes, un percorrido polos arredores da Serra, onde haberá asfalto, pistas de terra, unha ponte romana e preto do final a eso de 1,5Km antes de meta un bonito paseo que percorreremos ó lado do río Tines. A todo esto engadir como dixo tamén Kurty duchas - xusto na chegada- e para nos sobre todo o que é máis importante o cariño co que se fai.
Engadir tamén que o que queira pode disfrutar tanto da importante gastronomía do lugar (carnes, peixes, mariscos...); así como incluso si o tempo acompaña das praias ou de dar unha voltiña pola ría de Muros e Noia.
Animarvos pois a vir, trataremos de correspondervos como vos merecedes.