Foros ›
IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Mér, 05 Xuñ 2013, 9:58
Asunto: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

A IX CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Esta proba celebrarase o sábado 15 de xuño de 2013, a partir das 20:15 H estando suxeita ó seguinte
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
5. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de cada proba.
8. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
9. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
10. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
11. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 13 de xuño ás 23:59 H.

Formas de realiza-la inscrición:
Categorías Prebenxamín e Pitufos:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• Web www.limiactiva.com

Resto de Categorías:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• www.championchipnorte.com

Cuota de inscrición:
• Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.
• Carreiras escolares: Inscrición de balde.

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:15 H BENXAMÍN-ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:30 H INFANTIL-CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:50 H PREBENXAMÍN 1 MINIVOLTA E MEDIA 225 METROS
21:00 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:30 H XUVENIL-IÚNIOR-PROMESA-SÉNIOR-VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:20 H ENTREGA DE TROFEOS

CATEGORÍAS
CATEGORÍAS MIXTA
A) PITUFOS Nad@s no 2008 ata xuño 2012
CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
Ojo morado PREBENXAMÍN Nad@s en 2006 e 2007
C) BENXAMÍN nad@s en 2004 e 2005.
D) ALEVÍN nad@s en 2002 e 2003.
E) INFANTÍL nad@s en 2000 e 2001.
F) CADETE nad@s en 1998 e 1999.
G) XUVENIL nad@s en 1996 e 1997.
H) IÚNIOR nad@s en 1994 e 1995
I) PROMESA nad@s en 1991, 1992 e 1993
J) SÉNIOR nad@s dende 1990 ata veteráns
K) VETERÁNS +35 Maiores de 35 anos.
L) VETERÁNS +40 Maiores de 40 anos.
M) VETERÁNS +45 Maiores de 45 anos.
N) VETERÁNS +50 Mairoes de 50 anos.
O) VETERÁNS +55 Maiores de 55 anos
P) VETERÁNS +60 Maiores de 60 anos


PREMIOS
CATEGORÍA MIXTA
A) PITUFOS Medallas para os 50 primeiros
CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
Ojo morado PREBENXAMÍN Trofeos para os tres primeiros, medallas para 4ºe 5º
C) BENXAMÍN
D) ALEVÍN
E) INFANTÍL
F) CADETE
G) XUVENIL Trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría.
H) IÚNIOR
I) PROMESA
J) SÉNIOR
K) VETERÁNS +35
L) VETERÁNS +40
M) VETERÁNS +45
N) VETERÁNS +50
O) VETERÁNS +55
P) VETERÁNS +60
CARREIRA ABSOLUTA
1º Clasificado Trofeo
2º Clasificado Trofeo
3º Clasificado Trofeo
ATLETAS EMPADROADOS EN XINZO
1º Local Trofeo
2º Local Trofeo
3º Local Trofeo
ATLETA MAIS NOVO
Trofeo
ATLETA DE MAIOR IDADE
Trofeo

Os premios non serán acumulativos, agas os dos atletas locais e o trofeo ó atleta de maior idade.
rubenigui

Montañés
Montañés
21/02/10
0 Carreiras
2453 Mensaxes
Barbadás
Respostar citando Envío Mér, 05 Xuñ 2013, 14:20
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Alí estaremos un ano máis os Afiadores de Ourense nunha proba con un gran ambente e compartindo kms con moitos correlegas entre eles os amigos de Limia Activa. Saudos
celanova

Maratoniano
Maratoniano
7/01/06
0 Carreiras
498 Mensaxes
celanova
Respostar citando Envío Xov, 06 Xuñ 2013, 11:56
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Saudos a todos, por alí andaremos acompañando aos amigos da Limia os do Pato Blanco de Celanova.
CharlieHarper

Novo foreiro
Novo foreiro
15/01/13
15 Carreiras
9 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 07 Xuñ 2013, 13:32
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Allí estaremos el sábado 15! A ver que tal! Moi feliz
moyano

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/11/12
98 Carreiras
471 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Xuñ 2013, 19:40
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Que se sabe de esta carrera?es llana?por casco urbano?km señalizados?
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2013, 10:47
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

moyano escribió:
Que se sabe de esta carrera?es llana?por casco urbano?km señalizados?

6 km llanos con un recorrido 100% urbano. Los km si que están señalizados.
Duchas en el pabellón de deportes.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2013, 12:33
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Alí estaremos un bo grupo de Celanova
Coincide o percorrido coa de Marzo?
PRESY

Organización
Organización
11/11/05
0 Carreiras
268 Mensaxes
XINZO DE LIMIA
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2013, 13:52
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Bubela escribió:
Alí estaremos un bo grupo de Celanova
Coincide o percorrido coa de Marzo?
Algúns tramos si que coinciden coa carreira de marzo pero a saída e meta son na Praza de San Roque e o percorrido e de 6 km.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2013, 22:28
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Moi ben. Despois das petadas subindo ao Eirado, xa me está prestando ese circuito liso...
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Ven, 14 Xuñ 2013, 8:55
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Mañá sábado imos ter unha noitiña perfecta para correr. Vémonos na capital da Limia.
pataruco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/04/07
0 Carreiras
412 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Sáb, 15 Xuñ 2013, 5:55
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Nos vemos esta tarde , saludos del autor del vocablo que tanto ha gustado en el foro "correlega" Moi feliz Moi feliz Moi feliz

"CORRER ES VIVIR"
CharlieHarper

Novo foreiro
Novo foreiro
15/01/13
15 Carreiras
9 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Sáb, 15 Xuñ 2013, 21:59
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Buena carrera la de hoy!
pataruco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/04/07
0 Carreiras
412 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Dom, 16 Xuñ 2013, 6:33
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Limia activa Aplauso Aplauso Aplauso . Contento con mi carrera , alfinal me salio una media de 4:38 el mil, la verdad no lo esperaba. Poco a poco seguimos mejorando, como dicen en mi tierra "si asi llueve que no escampe". Saludos correlegas

"CORRER ES VIVIR"
celanova

Maratoniano
Maratoniano
7/01/06
0 Carreiras
498 Mensaxes
celanova
Respostar citando Envío Dom, 16 Xuñ 2013, 8:39
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Saudos a todos, bo ambiente ,tarde-noite agradable e despoixa de tantos meses fora do ambiente das probas populares, sensacions satisfactoria,aunque ainda me queda por coller a forma,pero o importante e volver desfrutar....o que comprobo e que a xente cada vez anda como foguetes..
Noraboa a organizacion,e sobre todo a Presy que e o artifice de que todo trate de sair ben.
rubenas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
29/07/09
0 Carreiras
422 Mensaxes
Polígono de San Cibrao das Viñas
Respostar citando Envío Dom, 16 Xuñ 2013, 8:46
Asunto: Re: IX Carreira Nocturna Xinzo de Limia (15/06/13)

Primeira participación nesta proba e moi contento con todo. Noraboa e grazas por todo.

Tengo dos problemas para correr, uno la pierna izquierda y el otro la pierna derecha.
Mi Web





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos