Foros ›
Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xuñ 2013, 12:17
Asunto: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Xa está no Facebook do Circuito de Carreiras de Pontevedra o "Evento Facebook" da Carreira de Santiaguiño do Burgo 2013 que tamén forma parte do CCCP 2013
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Xul 2013, 11:48
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

REGULAMENTO DA CARREIRA PEDESTRE SANTIAGUIÑO DO BURGO 2013

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o xoves 25 de xullo de 2013, a partir das 11,00 horas, a “Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2013”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Salcedo Norte. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Senior e todas as de Veteranos ata as 23:59 horas do día 22 de xullo de 2013 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba e serán na web www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.40 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
Haberá tres tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Senior e Veteranos o/a deportista pagará a cota de 5 € mais, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
- Para o resto das categorías a inscrición é de balde.
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2013, será de balde. Para máis información en www.championchipnorte.com
No caso de que o/a deportista das categorías Junior, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, terá que pagar en efectivo a diferenza económica. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

6. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. En caso de vir pola autopista o recomendable é coller a saída “Pontevedra Norte” e dende alí coller á esquerda cara a Pontevedra; e na primeira rotonda (arredor dos Bombeiros) tomar a primeira saída á dereita dirección Pazo de Congresos ou Policía Local e atravesar a primeira ponte e ao atravesar á esquerda e buscar xa onde estacionar.
7. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase na portería do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o 24/07 en horario de 11 a 13 e de 17 a 20 horas e o propio 25/07 en horario de 09 a 10,30 horas e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor.
8. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.
10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e terra. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
11. AVITUALLAMENTO. Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) e controis de paso por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

15. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico e duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra,...
16. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
17. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 12.10 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.
18. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo ou no correo-e info @ sgpontevedra.com

CATEGORÍA (Masculina e Feminina) / IDADE MENOR Dende / IDADE MAIOR Ata / COR DO DORSAL / SAÍDA / DISTANCIA / INSCRICIÓN / Cota de Participación / ALUGUER DO CHIP
Chupete / 2013 / 2008 / Branco / 10.10 / 100 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Pitufo/a ou Pre-Benxamín / 2007 / 2006 / 10.15 / 200 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Benxamín / 2005 / 2004 / 10.15 / 200 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Alevín / 2003 / 2002 / 10.20 / 500 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Infantil / 2001 / 2000 / 10.20 / 500 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Cadete / 1999 / 1998 / 10.30 / 1.450 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non
Xuvenil / 1997 / 1996/ 10.30 / 1.450 m. / O mesmo día da carreira dende as 08.30 ata as 09.40 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra / 0 € / Non

CATEGORÍA INSCRITAS NO CCCP (Masculina e Feminina) / IDADE MENOR Dende / IDADE MAIOR Ata / SAÍDA / DISTANCIA / INSCRICIÓN / Cota de Participación / ALUGUER DO CHIP
Júnior / 1995 / 1994 / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Sénior / 1993 / Ata Veteranos 1 / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 1 / 35 anos / 39 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 2 / 40 anos / 44 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 3 / 45 anos / 49 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 4 / 50 anos / 54 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 5 / 55 anos / 59 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 6 / 60 anos / 64 anos / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Veteranos/as 7 / 65 anos / En diante / 11.00 / 6.100 m. / Inscribirse ata as 23.59 horas do 22/07/2013 a través de www.championchipnorte.com / 5 € As persoas desempregadas (con D.A.R.D.E.) devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal - Os inscritos no CCCP non pagán máis / 1 € (En caso de non telo en propiedade) e a non devolución supón unha penalización de 30 €
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Xul 2013, 11:41
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Ya está abierto el plazo de inscripción en la carrera de Santiaguiño do Burgo en Pontevedra

www.championchipnorte....o-do-burgo
moyano

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/11/12
98 Carreiras
471 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Xul 2013, 11:48
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Ponteve

Alguien sabe algo del circuito,es llano/cuestas?es una vuelta ?km señalizados? Gracias de antemano.
pontevedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/13
0 Carreiras
59 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Xul 2013, 14:55
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Ponteve

eu diria, pola zona que é, que o circuido é practicamente plano.
algén sabe cara onde se sae? cara a ponte das correntes ou cara a rúa martín codax?
yardas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
20/08/10
0 Carreiras
86 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Xul 2013, 22:25
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Ponteve

Hola ,acabo de ver el reglamento y no entiendo como una carrera tan importante y a la que todos asistian porque era muy de familia ,pierda los premios a las categorias base ,algo que cada dia debemos cuidar más ,
todos se merecen un trofeo ,pero los niños mucho más
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2013, 19:13
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Ponteve

yardas escribió:
Hola ,acabo de ver el reglamento y no entiendo como una carrera tan importante y a la que todos asistian porque era muy de familia ,pierda los premios a las categorias base ,algo que cada dia debemos cuidar más ,
todos se merecen un trofeo ,pero los niños mucho más
Sí, "era muy de familia",pero ahora ha entrado en el "circuito del pago", que no digo que no sea legítimo, siempre que se liquiden los impuestos que entiendo implicarán las cuotas que se abonan por correr.¿ ó la recaudacion está exenta de tributos ?,lo pregunto,no lo sé. En todo caso ninguna carrera debiera de dejar de "premiar" a TODOS los niños sobre todo si es de pago.

Friends forever
xaxi

Novo foreiro
Novo foreiro
16/07/13
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 16:02
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Hola. Lo que he leído es que a TODOS los niños/as (de juvenil hacia abajo) les dan premio/regalo nada más crucen la meta. Lo que no hay es podiums para las categorías menores, como lleva siendo norma en el circuito de carreras, mis niños/as en Monteporreiro y Pontenoite han sido de los 3 primeros y no han subido al podio, pero si han llevado su respectiva medalla al entrar en meta ya. Vale, no suben a un podio, pero ellos/as saben que han sido 2º y 3ª, y el resto de niños/as tbn llevan su medallita.... yo como padre/madre, prefiero esto en los peques (que todos se vean recompensados por su esfuerzo) que no, sólo los 3 primeros subiendo a un podium y el resto mirando. bueno mirando no, porque casi ningún peque o padres/madres se quieren quedar a la entrega. Si el espíritu es correr y llevarse "algo" que diga que han corrido y se han esforzado, ya llevan su medalla.
En los peques a mi nunca me han cobrado nada, han llevado sus avituallamientos posteriores como los mayores (agua fruta: platano,manzana...), y en esta no hay que pagar, o asi pone en el reglamento. Creo que mal no está. Vale, está claro que los mayores "estamos pagando esto también en la inscrp",.... pero es algo que aún siendo a costa de nuestra inscripción, de los mayores, debemos asumir.
Brasillas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
1/06/07
0 Carreiras
485 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 21:16
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Alguien sabe si se suspende la carrera, por la tragedia del descarrilamiento?
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 21:36
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Brasillas escribió:
Alguien sabe si se suspende la carrera, por la tragedia del descarrilamiento?

non creo,supoño que un minuto de silencio caera,pero vamos,supoño que en Pontevedra seguiran cos plans previstos.

o pavillon este dos dorsais e de donde se saiu na media maraton non??
Brasillas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
1/06/07
0 Carreiras
485 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 21:57
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

No, es en el pabellón municipal, esta a escasos 100 metros d la gasolinera del puente del Burgo.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 22:28
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Brasillas escribió:
No, es en el pabellón municipal, esta a escasos 100 metros d la gasolinera del puente del Burgo.

eu irei por carretera dende Padron.
asique sinon me engano xa e o pabellon que topo a miña dereita baixando antes de cruzar o rio.

graciñas,vemonos nunhas horas.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
490 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 22:54
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

CesGti escribió:
Brasillas escribió:
No, es en el pabellón municipal, esta a escasos 100 metros d la gasolinera del puente del Burgo.

eu irei por carretera dende Padron.
asique sinon me engano xa e o pabellon que topo a miña dereita baixando antes de cruzar o rio.

graciñas,vemonos nunhas horas.
Efectivamente é ese que dis GesGti. Nos vemos.
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Xul 2013, 23:01
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Ponteve

Pois se non somos quen de suspender este evento con todo o que esta pasando, non sei onde quedan os nosos valores humanos. Chorando Chorando
MasDiezMarin

Novo foreiro
Novo foreiro
26/07/12
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Xul 2013, 7:35
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo 2013 (Pontevedra)

Nos comunican oficialmente en el Pabellón Municipal, que la carrera de Santiaguiño ha sido suspendida.
A las 11:00am la gente que esté presente, se hará quedada solidaria, desde la SALIDA en el puente deO Burgo por el circuito.

Nos sumamos a las condolencias de lo ocurrido en el día de ayer.

saludos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos