Lun, 22 Xul 2013, 18:38
Asunto: Re: I Carreira Popular no Galiñeiro (Vincios 4/8/2013)
Boas tardes Titus, que sexa a I Carreira, ten moitos inconvintes a nivel de cubrir os gastos previstos, o ter lugar no Merendeiro do Monte Galiñeiro ademáis de estar a 453 m. de altitude, nos obriga a contar cun Xenerador Electrico por falla de suministro, montaxe de unha Carpa en previsión do tempo ainda que sexa en Agosto, e por todo isto entendemos que o prezo nunca vai a ser a gusto de todos, e para elo tamen queremos que por todo o sacrificio dos atletas en chegar a este paraiso natural poidan disfrutalo toda a xornada, polo que daremos unha bolsa de comida con bocata frio e outro quente, bebida e postre, ademáis quedan todos invitados a disfrutar da Festa Popular que teremos despois de xantar no marco natural do Monte Galiñeiro.
En previsión do tempo teremos avituallamento liquido no Km 3 (duas carreiras) Km 6 e Km 9 (carreira larga).
Desde a organización poremos o máximo empeño para que non os pareza cara, e estamos abertos a todalas suxerencias que nos poidades facer e incluso criticas, pero como novatos en esta proba tamen os pido o voso apoio e esperamos as vosas inscricións.