Foros ›
III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Ago 2013, 11:06
Asunto: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

REGULAMENTO
III MEMORIAL PACO CABANILLAS 100 ml - 10 km (Bueu)
1) O Instituto Municipal de Deportes de Bueu, coa colaboración do Clube Atletismo Corredoiras, están organizando o III Memorial Paco Cabanillas en homenaxe ao atleta de Bueu que fora Campión de España de 100 metros no ano 1943. A proba se celebrará o mércores 14 de Agosto, a partir das 19:30 h., e comezará con carreiras de velocidade, honrando ao campión buenense e rematará cunha carreira de 10 quilómetros, todas elas de carácter popular. As probas de velocidade, así como saída/meta da carreira de 10 quilómetros estarán situadas na zona de Pescadoira.
2) Os horarios programados para as diferentes carreiras serán os seguintes:
HORA DISTANCIA CATEGORÍA
19:30 h. 60 m.l. Benxamín/Alevín Series eliminatorias
20:00 h. 80 m.l. Infantil/Cadete Series eliminatorias
20:20 h. 100 m.l. Veteranos Series eliminatorias
20:40 h. 100 m.l. Absoluta Series eliminatorias
21:00 h. 60 m.l. Benxamín/Alevín Fem. Final
21:05 h. 60 m.l. Benxamín/Alevín Masc. Final
21:10 h. 80 m.l. Infantil/Cadete Fem. Final
21:15 h. 80 m.l. Infantil/Cadete Masc. Final
21:20 h. 100 m.l. Veteranas Feminino Final
21:25 h. 100 m.l. Veteranos Masculino Final
21:30 h. 100 m.l. Absoluta Feminino Final
21:35 h. 100 m.l. Absoluta Masculino Final
22:00 h. 10 km Absoluta Final
Estes horarios poderán variar en función do número de series necesarias en cada unha das categorías. En alguna categoría podería ser necesaria a realización de semifinais nas probas de velocidade, o que se informaría coa suficiente antelación por megafonía.

+ - + - + + - + - + + - + - + + - + - + + - + - +

:: Regulamento completo no calendario

+ - + - + + - + - + + - + - + + - + - + + - + - +

jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Ven, 02 Ago 2013, 13:16
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Inscrito

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Dom, 04 Ago 2013, 7:11
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml

Fenomenal evento. Aínda hai carreiras que se fan de forma altruista,demostrando que é posible facer grandes carreiras sin cobrar nada aos participantes, claro.....é en Bueu e cos "corredoiras". Aplauso

Friends forever
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Ago 2013, 14:35
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

No seguinte enlace do Concello de Bueu xa tedes pegado o percorrido, cartel e regulamento da proba. O percorrido é de 4 voltas a un circuito por orillamar, totalmente chan e con 10 km exactos de distancia.

www.concellodebueu.org...&idioma=ga
LANBRAN

Novo foreiro
Novo foreiro
8/07/12
20 Carreiras
31 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Sáb, 10 Ago 2013, 6:58
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Hola, habera algunha ducha habilitada?. Digo pola xente que non somos de bueu e vamos cou familia e aproveitamos día, e non e plan andar paseando despois da carreira sin ducharse. Grazas.
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Ago 2013, 19:55
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Teremos as do Clube do Mar de Bueu (Clube de Remo situado ao seu lado) ou no seu defecto as do pavillón polideportivo Pablo Herbello.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Ago 2013, 11:11
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Hola podese ver o listado de inscriptos.
mandei duas inscripcions e non sei si estan confirmadas.
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Ago 2013, 17:57
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Hola a tod@s. Estanse respostando a tódalas inscricións, inda que estes últimos días da semana pasada non se fixo por ter programadas outras actividades. Comprobade se está respostada a inscrición, e en caso de non ser así, pregaríamos a volvérades a enviar. Neste momento están contestadas todas as recibidas.
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Ago 2013, 17:58
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

E comezan a inscribirse nos 100 ml atletas con marcas máis que interesantes: primer atleta sub-11 segundos. Este mércores haberá espectáculo en Bueu. Logrará alguén mellorar o rexistro de 11´´3 có que Paco Cabanillas se proclamou campión de España en pista de ceniza no ano 1943?
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mar, 13 Ago 2013, 7:33
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml

o que non me parece moi ben e que veteranos que pasamos dos 60 anos teñamos que competir na misma categoría (veteranos) con "rapaces" de 40.Vámos con veteranos que poderan ser incluso nosos fillos.
Tiña moita ilusión en 45 anos despois de facer os 100 metros en pista ceniza (estadio da Xuventude-Pontevedra alá polos anos sesenta , 12", en clase ximnasia instituto con tenis ) volver a facelo en pista de asfalto. Rezar Ríndose

Friends forever
Germanmd

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/01/09
0 Carreiras
946 Mensaxes
marin-piñor(barbadás)
Respostar citando Envío Mar, 13 Ago 2013, 16:06
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml

Sumome a opinion anterior de corro seguro, as categorias poderíanse ampliar un pouco, é unha suxerencia Silbar .
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mar, 13 Ago 2013, 18:01
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml

Germanmd escribió:
Sumome a opinion anterior de corro seguro, as categorias poderíanse ampliar un pouco, é unha suxerencia Silbar .
eu propondría estas categorías de veteranos:
* de 40 a 50.
* de 50 a 60.
* de 60 a 70.
etc.
outra cosa que non entendo, nos actuales tempos, é como se sigue cualificando como veteranas as de mais de 35 anos e como veteranos os de mais de 40 anos. Cómo non se igualan .Increíble hoxe en día esta descriminacion por sexo. Pensando

Friends forever
pabloanimador

Novo foreiro
Novo foreiro
1/08/13
200 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Ago 2013, 11:53
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Pódovos asegurar que me costou sudor e lágrimas conseguir facer unha carreira de 100 ml aparte para veteranos e coas súas medallas, así como que se asignaran trofeos nos 10 km aos 3 primeiros veteranos. O dos 100 m na rúa foi unha aposta pola que me tildaron de tolo, sacalo adiante sin medios económicos nin persoal está sendo toda unha odisea e a única forma de que siga adiante e que en anos posteriores se continúe facendo é cunha boa participación. Hay que ter en conta que é unha proba gratuita, e que temos que correr polo mero feito do disfrute persoal e saúde, non con fin de gañar ou levarnos sempre algo para casa. Espero a vosa comprensión. Pola nosa parte estamos poñendo todo o posible para facelo o mellor posible.
marcosgil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/12
0 Carreiras
50 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Ago 2013, 1:59
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml-10km

Felicitar a organización polo traballo feito,polo interés,polas gañas, polo circuito,polas diferentes probas Aplauso Aplauso Aplauso Magoa o retraso dos 10km, q vai en detrimento do corredor q enfría e cánsase de esperar(st os q veñen de lonxe),os hosteleiros q deixan de vender moitas cervexas e comidas(coa perda de potenciais colaboradores para vindeiros anos) e da propia xente q organiza q é a q máis molesta está,pero ben,resumindo,para o ano q ben contade conmigo Guiño
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1492 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 15 Ago 2013, 8:52
Asunto: Re: III Memorial Paco Cabanillas de Atletismo na Rúa 100 ml

eu normalmente cando escribo aquí sobre unha carreira, é para felicitar o bo facer da mesma, e se algo non me gustou, pois prefiero non dicir nada porque sei que toda proba que se realiza conleva un esforzo por parte dos organizadores e non debe sentar nada ben que logo se lle critique por aspectos tan simples como que non me gustou a bebida, o prezo da carreira ou a cor da camiseta. Pero no caso de onte, que por suposto quero agradecer a labor dos voluntarios que prestaron a súa axuda no percorrido, non quería deixar pasar por alto o tema do retraso. A ver, eu entendo que a participación nas probas de 100 m.l. superou as previsións, pero é que entre cada cambio de serie (de veteráns a absoluto, feminina, nenos, etc) pasaban a veces ata 15 minutos e a xente desesperábase. Isto foi o que motivou un retraso de 1 hora na saída, e mesmo houbo xente que estaba co dorsal para correr os 10 kms e marchou porque ninguén anunciu por megafonía unha hora estimada de salida, e para os que veñen de fora e tiñan pensado cenar algo pola zona, ás 12 da noite xa estaba todo pechado.
Por eso a modo de suxestión gustaríame que de cada a próximas edicións, ampliárades o tempo dedicado ás carreiras de 100 m.l. para non penalizar ós que participan nos 10 kms.

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos