Mar, 03 Set 2013, 22:33
Asunto: IV CARREIRA POPULAR PEDESTRE DE MORAÑA, 28 de setembro 2013
Outro ano máis a Asociación Deportivo-Cultural O Petouto de Moraña, organiza a Cuarta Edición da Carreira Pedestre Popular de Moraña. Que será o
SÁBADO 28 DE SETEMBRO.
Inscrición
As
INSCRICIÓNS das Carreiras nas categorías Chupetes, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete faranse no correo electrónico
opetouto@gmail.com facendo constar nome e apelidos, data de nacemento, DNI, localidade de procedencia e club (se pertence a algún) e teléfono. Nestas categorías admitiranse inscrición o día da proba até as 16:30 horas.
As
INSCRICIÓNS nas categorías Absolutas, de xuvenís en adiante, realizaranse mediante a páxina web
www.championchipnorte.com aboando 1 euro (no caso de portar chip amarelo) ou 3 euros ( para alugar o chip) o resto dos participantes, que deberán estar rexistrados na web ou darse de alta no apartado “rexistrarse”. Nestas categorías o prazo de inscrición rematará o xoves 26 de setembro de 2013 ás 22:00 horas.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE DITO PRAZO.
Enlace directo: www.championchipnorte....de-morana/
Información de interese
As clasificacións publicarase en
www.championchipnorte.com
Haberá gardarroupas , vestiarios e duchas a disposición dos corredores que o desexen no Pavillón Municipal de Moraña.
Durante todo o día haberá servizo médico e de ambulancia permanente.
Ante calquera dúbida e para consultar o REGULAMENTO ponse a disposición o correo electrónico opetouto @ gmail.com
Categorías e distancias
A Chupetes: nados dende 2009. Distancia 150 metros.
B Prebenxamíns: nados entre 2006 e 2008. Distancia 400 metros.
C Benxamíns: nados entre 2004 e 2005. Distancia 800 metros.
D Alevín: nados entre 2002 e 2003. Distancia 1.000 metros.
E Infantil: nados entre 2000 e 2001. Distancia 3.000 metros.
F Cadete: nados entre 1998 e 1999. Distancia 3.000 metros.
G Xuvenil: nados entre 1995 e 1997. Distancia 10.500 metros.
H Promesa: nados entre 1991 e 1994. Distancia 10.500 metros.
I Senior: nados entre 1973 e 1990. Distancia 10.500 metros.
K Veterán A: nados entre 1963 e 1972. Distancia 10.500 metros.
L Veterán B: nados entre 1953 e 1962. Distancia 10.500 metros.
M Veterán C: nados entre 1952 e anteriores. Distancia 10.500 metros.
Horarios
As carreiras comezarán ás
16:30 HORAS O SÁBADO 28 DE SETEMBRO preto do pavillón municipal de Santa Lucía de Moraña.
A recollida de dorsais e chips terá lugar na secretaría da competición (sita no Pavillón Municipal de Moraña) até media hora antes do comezo da correspondente proba.
Trofeos e agasallos
- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino de cada categoría.
- Haberá un trofeo para a/o mellor corredor/a de Moraña de cada categoría.
- Os gañadores da Clasificación Xeral tanto masculino como feminino recibirán un pack para un circuíto relax no Balneario Termas de Cuntis para dúas persoas.
- Haberá dous trofeos destinados para o corredor e a corredora máis lonxevos que cheguen á meta no tempo límite que estime a organización da proba.
- Ao remate da carreira os corredores/as recibirán avituallamento sólido e líquido.
- Sortearanse unha estancia dunha noite para dúas persoas para o Hotel Rústico Fonteverde e dúas estancias dobles no Hotel Sena.
- Todos os participantes terán un 20% de desconto en masaxe deportiva no Centro de Fisioterapia e Estética Gamallo e Fontenla.
Recorrido
Perfil
es.wikiloc.com/wikiloc...id=5268464
Cadro de honra
ANO 2010
1º Jorge Crespo Arias (Negreira)
1ª María Isabel Sáez Batallán (A Estrada)
ANO 2011
1º Daniel Bargiela Araújo (Ponteareas)
1ª Guadalupe Lodeiro Núñez (Vilagarcía de Arousa)
ANO 2012
1º Rafael Fuentes Lubian (Poio)
1ª Jennifer Bures Aladero (Paradela de Meis)
Esperamos a vosa asistencia.
Un saúdo.
Última edición por Dieguinho_Gz o Mar, 17 Set 2013, 19:10; editado 7 veces