Mar, 19 Nov 2013, 23:06
Asunto: Re: Os Filípides
santa escribió: |
Hola compañeiros, o circuito e moi sacrificado,! eu seino ben!, se queredes estar arriba, necesitase constancia, e cabeza para non lesionar, e olvidarse dos tempos, correr para disfrutar, e poder correr o día siguiente.Outra cousa si hay union, e todos aportamos algo sin moitas diferencias, estaremos nos tres primeiros postos, ese e o obxetivo. |
vaia, vaia...
sí, señor!.... esa é a mentalidade,
Santa!
o malo é que non se pode estar en tódalas carreiras, tódalas fins de semana... todos temos vida persoal/privada, outras afeccións, viaxes, compromisos... ou sinxelamente, un finde determinado non nos apetece competir...
se tomásemos o de puntuar como algo obrigatorio, esto de correr perdería o seu sentido, que non debe ser outro que disfrutar e pasalo ben.
persoalmente considérome bastante competitivo, para iso adestro tódolos días... pero pódoche asegurar que no último que penso cando estou en carreira, é nos puntos que me vai reportar de cara ó Circuito.
(ainda que sí que é certo que teño ido a carreiras por ese motivo, que doutro xeito non iría... pero ese xa é outro cantar)
é certo que para estar arriba hai que ser moi constantes, e moi regulares... e como xa dixen, quizais este ano máis que nunca.
por iso cada un debe valorar os seus esforzos na xusta medida...pero sen esquecerse de disfrutar e sen deixar de lado outras obligacións (sólo faltaría iso... que a algún semella que lle vai a vida no tema)
ó final a clasificación nos poñerá no noso lugar, iso seguro... tentaremos que sexa o máis alto posible!
por certo, invito a
Xurxo64 e máis a
Estevezman a pasarse por aquí, que aínda non nos contaron nada...
un saudo e adiante!
sexo, zume de melocoton & rock'n roll