Xov, 07 Nov 2013, 16:36
Asunto: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h
Día: 1 de decembro de 2013
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 15 km. en BTT + 5 km. Trail
Custe inscrición: 12 €
Data límite inscrición: 25 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 200
Queremos presentarvos a segunda edición do DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA que terá lugar o vindeiro DOMINGO día 1/12/2013 ás 10:30 h. no lugar de Balteiro (San Martiño de Oleiros) de Ribeira.
Respetamos o formato do ano pasado, con dúas probas:
15 km. en BTT
5 km. de Trail
Eso si, hai un par de cambios de cambios respeto á edición anterior:
- A entrada na transición xa non se fai pola carretera principal que leva ó camping, senon baixando directamente das Lobeiras e logo de cruzar o Rego das Lobeiras, que uns metros mais arriba forma unha fervenza que vos obligará a virar a cabeza (non moito tempo que a cousa vai rápida)
- A chegada da carreira a pé tamén a sacamos da carretera e faise por unha entrada lateral do camping, logo de chegar de facer un tramo de trail puro e duro (a cantidade de "duro" xa a contaredes cando remate a proba)
O mais importante, e que a "filosofía" da proba non cambia: seguimos mantendo o caracter "popular", para que tod@s podades participar cunha mínima esixencia física pero que vos deixe "vacios" ó rematar a proba. Os tempos de corte están en 1:20 h. para os 15 km. de BTT e en 2:00 h. o cómputo global (40 min. para os 5 km. Trail).
De tódolos xeitos na web
www.arousa.com tedes toda a información que se irá actualizando a medida que vaian xurdindo novidades.
[align=center]