Ven, 03 Xan 2014, 18:59
Asunto: IIº Trail de San Alberte-Ribeira (2/2/2014)
Hora: 10:30 h.
Distancia: 13,5 km.
Saída e chegada: Ermita de San Alberte – Pol. Industrial de Xarás – RIBEIRA (A Coruña)
Organiza: Escuela de Boxeo El Canario e Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Centro Recreativo de Artes e Asociación de Veciños de Carreira
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 4 ao 27 de Xaneiro)
Custo da inscrición: 7 €
Páxina web oficial:
www.arousa.com
E-mail: contacto @ arousa.com
Na segunda edición da proba que tan boa acolleita tivo na primeira edición decidimos "facela maior" e alongar a distancia que se percorreu o ano pasado en casi 4 km. o que vos permitirá disfrutar dunha proba de trail que atraerá tanto a @s que se queiran iniciar coma aqueles atletas máis rodad@s neste tipo de proba. Garantía de disfrutar dun entorno único é que o 100% da proba transita por pistas, sendeiros e campo a través, só se pisa asfalto no aparcamento dos coches. Asegurámosvos unhas paisaxes e vistas espectaculares pese aos incendios que o pasado verán arrasaron gran parte da zona polo que transitará a proba, ainda así espéranvos os muiños da Carballa, a Pedra das Cabras, e a Ermita de San Alberte.
Como colofón da proba e ante a falta de medios para celebrar unha entrega de trofeos ou disfrutar dunha ducha quente na liña de meta, convidámosvos a achegarvos ao Centro Recreativo de Artes no que se dispondrá desas necesidades ademais dun avituallamento que acompañe a ceremonia de entrega de trofeos.