Sáb, 18 Xan 2014, 21:45
Asunto: Re: Circuito de carreiras populares na Costa da Morte
Jesús, por suposto que en canto me entere das datas xa as poño aquí como un tiro, pero na noticia xa advertía que aínda están ultimando detalles e que se presentará o circuito no seu momento. Por iso imaxino que aínda non se saben as datas ou ben non son definitivas e daí que prefiran esperar algo para logo non ter que andar facendo remendos.
De todos modos, así a modo orientativo e por anos anteriores, calcula que a de Camariñas será en marzo, a de Vimianzo en maio/xuño, a de Carnota en agosto e a de Corcubión o último sábado de setembro. A todas esas hai que sumar, aínda que parece que non estarán no circuito, a de Carballo a mediados de xuño, a da Silva en torno a abril (aínda que esta varía bastante nas datas dun ano para outro), as San Silvestres de Camariñas, Carballo e Baio e logo aínda está a que fai El Correo cada ano nun concello distinto da Costa da Morte en abril (mes arriba, mes abaixo). Tamén está a de Lira en agosto e a de Lariño tamén no concello de Carnota en octubre. Espero que non me esquecera de ningunha (se é así dicídemo please). Vamos, que na Costa da Morte e arredores non podemos queixarnos
Pero bueno, tal como di cerqeda, oxalá se animen tamén os do "norte" (Ponteceso, Corme, Malpica, Laxe, Coristanco ou mesmo Santa Comba). Por pedir que non quede