Mér, 12 Feb 2014, 18:11
Asunto: Re: Dudas sobre zapatillas para carrera de Cross
Eu tiven o ano pasado a mesma dúbida que tio plantexas hoxe. Corrín cuns Nike que tiña daquela de asfalto normais e correntes, paseino moi ben e pringueime ata arriba, e non caín. Se queres probar, eu probaría cos que tes, simplemente hai andar cun pouco de ollo, xa que evidentemente non levas "tacos", polo tanto non irás ben equipado, se o que buscas é facer marcas.
Tampouco irás coa mellor protección para evitar caer nun terreno esbaradizo, xa digo, pero con coidado pode facerse.
Son da opinión que estamos un pouco ultraequipados, que está ben, pero non é obrigatorio se o que queres é pasar un bó rato.
Só é a miña opinión.
ánimo, saúdos, e alí nos veremos.