Foros ›
III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 12 Feb 2014, 20:48
Asunto: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

O Concello da Estrada, en colaboración co Club Atletismo A Estrada, organizan o vindeiro domingo día 9 de marzo o III Cross Rio Liñares, carreira puntuable para o II Circuito “Corre A Estrada Corre”.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 7.500 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos: un de 400 metros (Circuito A) e outro de 2.500 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.


1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1997 e anteriores.
 VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1976 e 1967.
 VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1978 e 1969.
 VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1966 e 1957.
 VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1968 e 1957.
 VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1956 e anteriores.
 VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1956 e anteriores.

2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla, excepto as categorías cadete e senior que sairán de ditas instalacións.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
11:00 h CADETE 2.500 m
ABSOLUTA E VETERÁN 7.500 m

12:00 h PREBENXAMIN E BENXAMIN 400 m
12:15 h ALEVIN 1.200 m
12:45 h INFANTIL 1.600 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS

3. INSCRICIÓNS:

* ADULTOS: Ata o xoves día 6 de Marzo de 2014 as 24:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.


* ESCOLARES: (dende prebenxamíns a cadetes) Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030 ou 649.704.472 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com. A data límite para formalizar a inscrición é o xoves día 6 de Marzo. Non se admitiran inscricións fora de prazo.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030, 886.153.589 ou 649.704.472 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com.

4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 09:00 horas.

* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (11:00 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. Este requisito é obrigatorio tanto para os participantes do II Circuito “Corre a Estrada Corre”, como os corredores que so participen nesta proba.
TODOS OS CORREDORES, SALVO OS PARTICIPANTES NO II CIRCUITO “CORRE A ESTRADA CORRE”, TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluta, veterán A, veteran B e veterán C e tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descalificado.
* DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio de camiseta para todos os participantes ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 12 Feb 2014, 21:28
Asunto: Re: III Cross Río Liñares

emesports.es/project/i...ada-corre/
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Feb 2014, 22:18
Asunto: Re: III Cross Río Liñares

encántame esta carreira,a organización é una pasada e volo currades moito,pero...coincide co Trail de Vilatuxe e é una verdadeira mágoa pois restará moitos participantes entre eles eu,ogallá teñades moito éxito e sorte coa proba.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Feb 2014, 23:26
Asunto: Re: III Cross Río Liñares

Uno que, al igual que el año pasado, se apunta al circuito. A ver si este año puedo ir a este cross (el año pasado no pude). Mucha suerte.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
rivava

Maratoniano
Maratoniano
12/11/08
0 Carreiras
50 Mensaxes
Lalín
Respostar citando Envío Ven, 14 Feb 2014, 15:43
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Tamėn coincide en principio co campeonato galego veterán de cross. Unha magoa tanta coincidencia.
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Ven, 14 Feb 2014, 23:20
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

animávosvos a vir! non vos vai defraudar esta carreira, e os que non poidades vir por ter outras preferencias non pasa nada... como din as persoas máis sabias, os avos, "non se pode ir a tódalas feiras".
verémonos en xuño na Carreira Nocturna! ahí si que pasaremos lista dos que non viñeron ao Cross do Río Liñares Guiño
mentras tanto, e aos fixos, o 9 de Marzo temos unha cita!


un saúdo e vémonos prontiño!
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 18 Feb 2014, 20:43
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

La carrera está subida al calendario desde el pasado miércoles, lo que pasa es que el Admin aún no la ha publicado... pero ya os podéis empezar a anotar si queréis desde el siguiente enlace.


emesports.es/project/i...ada-corre/
cdsanpaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/13
0 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Feb 2014, 15:26
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

EL NUEVO REGLAMENTO YA MODIFICADO POR EL AYUNTAMIENTO YA HA SIDO REMITIDO AL ADMIN DESTACAR VARIOS PUNTOS:

Finalmente las categorías serán las siguientes:
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 XUVENIL Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998
 XUNIOR Atletas nados/as nos anos 1995 e 1996
 PROMESA Atletas nados/as nos anos 1992-1993-1994
 ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1991 e anteriores.
 VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1976 e 1967.
 VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1978 e 1969.
 VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1966 e 1957.
 VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1968 e 1957.
 VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1956 e anteriores.
 VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1956 e anteriores.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
11:00 h CADETE 2.500 m
XUVENIL E XUNIOR 5.000m
PROMESA, ABSOLUTA E VETERAN 7.500 m

12:00 h PREBENXAMIN E BENXAMIN 400 m
12:15 h ALEVIN 1.200 m
12:45 h INFANTIL 1.600 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS



INSCRIPCIONES DE LOS ESCOLARES:
* ESCOLARES: (dende prebenxamíns a cadetes) Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030, 649.704.472 ou 663.182.956 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com, cdsanpaio @ gmail.com A data límite para formalizar a inscrición é o xoves día 06 de Marzo. Non se admitiran inscricións fora de prazo.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030, 886.153.589, 649.704.472 ou 663.182.956 ou ou nos correos deportes @ aestrada.es, atletismoaestrada @ gmail.com ou cdsanpaio @ gmail.com
cdsanpaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/13
0 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Feb 2014, 12:40
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Ya podéis apuntaros a la primera prueba del circuito de carreras de A Estrada, el Cross Rio Liñares con el que colaboramos, 7,5km por un circuito mixto de cross y asfalto en un entorno incomparable. Más información y inscripciones en este enlace:
emesports.es/project/i...rettyPhoto

Ya ha sido solicitada la inscripción de la prueba en el circuito de correr en galicia
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1679 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Lun, 24 Feb 2014, 20:58
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

inscrito para o circuito e polo tanto para o meu 3º Cross do Rio Liñares!!!!
cdsanpaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/13
0 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mar 2014, 15:48
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Ya falta menos, vamos señores!!
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mér, 05 Mar 2014, 13:08
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Arranca la recta final de las inscripciones, que nadie se quede colgado y sin disfrutar de esta bonita carrera!!! (además el día va a acompañar)
cdsanpaio

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/10/13
0 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Mar 2014, 22:51
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Si sirve de incentivo la carrera ya está incluida en el circuito de CeG, con coeficientes 1,25 y 1,50. Domingo al lado del rio y con sol, que más se puede pedir?
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 05 Mar 2014, 23:50
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

Inscrito.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Enrique

Maratoniano
Maratoniano
4/03/07
50 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Mar 2014, 23:38
Asunto: Re: III Cross Río Liñares-A Estrada (09/03/14)

A lo tonto en la absoluta nos acercamos a los 100 inscritos sin contar los que han llegado vía email en las diferentes categorías, el ritmo de inscripciones hoy ha aumentado de narices, animaos que se aproxima un bonito domingo para correr y en un entorno de vicio, puntuable para el circuito de CeG, que mas se puede pedir? Recordad que el plazo finaliza hoy viernes a las 16:20, no esperéis al último momento.

Además este domingo por la tarde a las 16 hs, se celebra el entroido tradicional con los Xenerais da Ulla con salida desde la Plaza de la Feria y hasta la zona del Palacio de Exposiciones y Congresos da Estrada donde se celebra también al mismo tiempo el Feria de Antiguedades y Oportunidades ese mismo domingo.
Podéis inscribiros aquí:
emesports.es/project/i...rettyPhoto





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos