Lun, 14 Abr 2014, 12:23
Asunto: Re: XVII Carreira Popular Concello de Arteixo (01/05/14)
Hola a todos, ya tenemos confirmados los regalos que se sortearán al finalizar la prueba absoluta. Esperemos que sea del agrado de todos:
1-Estancia dunha noite para dúas persoas na Solaina casa rural en réxime de aloxamento e almorzó para calquera día do ano 2014, segundo dispoñibilidade do establecemento.
2- Estancia dunha noite para dúas persoas no Hotel Alix Boutique 4* en habitación dobre superior, en réxime de aloxamento, válido para canxear ata o 30 de xunio de 2014 (incluido), segundo dispoñibilidade do establecemento.
3-Estancia dunha noite para dúas persoas no Hotel Florida ** en réxime de aloxamento para calquera día do ano de 2014, segundo dispoñibilidade do establecemento.
4- Dúas entradas para o LXX campionato galego de Autocrós que se celebra o día 10 de maio de 2014 en Arteixo.
5- Dúas entradas máis para o LXX campionato galego de Autocrós que se celebra o día 10 de maio de 2014 en Arteixo.
6- Ruta a cabalo para dúas persoas no entorno de Barrañán, no centro hípico OS laranxos, para os meses de verán, segundo dispoñibilidade.
7- Outra ruta a cabalo para dúas persoas no entorno de Barrañán, no centro hípico OS laranxos, para os meses de verán, segundo dispoñibilidade.
8- Vale por un tratamento estético (previa cita) no centro mimat boutique de beleza e estética avanzada de Arteixo.
9- Outro vale para tratamento estético (previa cita) no centro mimat boutique de beleza e estética avanzada de Arteixo.
10- Unhas Gafas de sol valoradas en 100 euros de Ópticas Romay.
11- Un lote de produtos Natur House.
12- Bolsa de deportes valorada en 30 euros de Deportes Novo.
Poderán participar todos os inscritos na carreira cubrindo un formulario no momento da entrega de dorsais que será:
• O día anterior da proba, na Piscina Municipal de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 horas.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 45 minutos antes do inicio de cada competición.
O sorteo terá lugar no pazo dos deportes, ó remate da entrega de premios.