Lun, 09 Abr 2007, 20:04
Asunto: IV Andaina Tudense
Ola a tod@s
O Clube Atletsmo Tui comenza as actividades do ano 2007 cunha andaina popular de 25 km, o próximo 21 de abril.
Nesta andaina percorremos a Cidade vella de Tui, a ribeira do Miño e o Parque Natural do Aloia.
Como sempre a comida, da que se encarga o Clube asi como de os avituallamentos, é na cima do Aloia e ao remate sobre as 19.00, en Tui, haberá unha chourizada e viño para as persoas participantes e demais, todo con música popular.
As 20:00 a festa continua coa "Carreira tradicional de aros" con premios para todas as categorías.
Como todos os anos teremos masaxes e sorteo de regalos para os asistentes.
Animamosvos a participar e a coñecer un poco máis este curruncho do sul. animamos tamén a aqules e aquelas que "sufristes" a "subida ao Aloia" do verán pasado, veredes de outro xeito, máis pausado, este monte, e a subida é por pistas e camños de terra.
Tedes máis información na páxina web do clube (espero que funcine ben):
atletismotui.org
e nos correos electrónicos (novos)
atletismotui @ gmail.com
clubatletismotui @ gmail.com
Saúdos
Última edición por milucho o Lun, 09 Abr 2007, 20:13; editado 1 vez