Lun, 15 Set 2014, 9:05
Asunto: Re: trampas para ciclistas....
En fin creo que estades mezclando cousas que non teñen nada que ver. Unha cousa son os criminales que poñen trampas para que xente se mate e que merecen que os traten como os asasinos que son, e outra totalmente diferente son os cazadores.
Non existe a caza libre nin en terreo aberto. A caza e un asunto bastante serio, que se desenvolve en terreos acoutados en certos días e a certas horas, sendo preciso ter licenzas, permisos, autorizacións...
Evidentemente que a caza e unha activiade de moito risco e todos os anos morre xente. Tamén correndo morre xente, e subindo montañas e incluso duchándose...
Hai sitio para todos, hai convivencia e por iso creo que as posturas radicais e maximalistas non aportan nada máis que ruido.