Xov, 26 Xuñ 2014, 10:33
Asunto: Carreira Santiaguiño do Burgo, Pontevedra - CCCP (25/7/14)
Máis info en
www.championchipnorte....burgo-2014
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o xoves 25 de xullo de 2014, a partir das 11,00 horas, a “Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2014”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Senior e todas as de Veteranos ata as 23:59 horas do día 21 de xullo de 2014, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, e faranse na web
www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.40 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento, no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
Haberá tres tipos de inscrición:
- Para as categorías Senior e Veteranos o/a deportista pagará a cota de 5 € mais, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
- Para o resto das categorías a inscrición é de balde.
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2014, será de balde. Para máis información en
www.championchipnorte.com
No caso de que o/a deportista das categorías Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, terá que pagar en efectivo a diferenza económica. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5. QUEDADA DE RECOÑECEMENTO PREVIO. O día 21 de xullo a partir das 20.00 horas dende o frontal do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra faremos unha concentración pedestre para recoñecemento do percorrido. Durará menos dunha hora e farase a ritmo moi popular. Estará aberta á participación libre.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. En caso de vir pola autopista o recomendable é coller a saída “Pontevedra Norte” e dende alí coller á esquerda cara a Pontevedra; e na primeira rotonda (arredor dos Bombeiros) tomar a primeira saída á dereita dirección Pazo de Congresos ou Policía Local e atravesar a primeira ponte e ao atravesar á esquerda e buscar xa onde estacionar.
8. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o 24/07 en horario de 11 a 13 e de 17 a 20 horas e o propio 25/07 en horario de 08,30 a 10,30 horas.
9. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.
11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e terra. Poderá haber diversos controis de paso obrigatorios.
12. AVITUALLAMENTO. Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente; a Organización poderá descualificar a quen non realice o percorrido completo, a quen non teña dorsal, a quen manipule a publicidade do dorsal ou a quen manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas.
14. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) e controis de paso por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cubren a totalidade do mesmo.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico e duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra,...
17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. O vencedor absoluto masculino recibirá o premio que leva o nome D. Fernando Vázquez Fontenla; a vencedora absoluta feminina recibirá o premio que leva o nome da Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
Absoluta Masculina e Feminina 1º Trofeo / 2º Trofeo / 3º Trofeo
Senior e Veteráns Masculina e Feminina 1º Trofeo / 2º Trofeo / 3º Trofeo
Agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Todos os deportistas masculinos ou femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 75º, 125º, 150º e 200º da carreira absoluta serán obsequiados/as cunha camiseta técnica, e 1 mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com
18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 12.10 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.
19. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo ou no correo-e info @ sgpontevedra.com