Ven, 04 Xul 2014, 5:27
Asunto: Re: Dolor lumbar
mac-ray escribió: |
XoseM por aqui escriben Fisios, masaxistas, medicos e xente que moitas veces axuda e moito a quen pregunta, evidentemente podense ler barbaridades pero na capacidade de cada un esta o saber con que quedarse.
|
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
certo. E como digo aquí todos (maiormente) opinamos con boa intención.
Mais
leva dous meses correndo. En estos momentos todo é novo para el, ávido de información, sen experiencia para valorar se o que sinte é normal (como é lóxico) e busca información ao respecto. Filtrar a información en un ámbito no que non temos unha experiencia previa (e todos temos algún) é un proceso complicado por esa
falta de referencias, temos que fiarnos da
experiencia previa de outras personas. Se vas ao médico, ou falas con un amigo, tes a experiencia previa da titulación do primeiro, e de coñecer a vida e o xeito de actuar habitual do segundo que che sirven como marco referencial. En internet teste que fiar dun apodo nun foro.
Coñezo o caso dunha persona que tras decidir que ía "andar" estivo a punto de ir ao médico tras o primeiro día....
por ter maniotas! Non sabía o que era eso, e menos mal que foi amainando a dor un par de días despois.
Quero dicir, que o que lle pasa ao compañeiro
podería ser (véxase o condicional) totalmente
normal por facer máis exercicio do que o seu corpo está preparado para facer.
Por suposto
é de agradecer toda a axuda que aquí presta a xente
-- Chámame "ghose"