Mér, 28 Out 2015, 15:49
Asunto: Re: tomtom runner cardio multisport
Pereiro escribió: |
fernandolombera escribió: |
Muy buenas!!
Alguien tiene o ha probado el tomtom runner cardio multisport?
Estoy pensando en comprarlo y quería saber la opinión de alguien que lo tenga.
Muchas gracias!!! |
Ao final compraches o Tom Tom? Alguén que o teña?
Resucito o tema porque tras probar dous gps con bandas peitorais e deixar estas no caixón ao pouco de estrealas, por fin decanteime por este GPS con pulsómetro incluido...
So corrín duas veces con él pero estou encantado... por fin vexo as pulsacións (aparentemente correctas) sin necesidade de mais cachivachada...
Por qué será que non está extendido este sistema de medición? As marcas mais coñecidas por nos (polar, garmin...) non terminan de utilizalo...
Qué opinades?
De aquí a uns meses volverei a comentar experiencias pois de momento é pouca con él...
saudos |
Por aquí un co Cardio Multisport, en navidades fai un ano que o teño.
A verdade é que un cacharro curioso. Coma todo, ten cousas boas e outras non tan boas. En canto ó tema das pulsacións, vai bastante fino, prácticamente igual que a cinta que tiña co meu vello FR305 e non teño ningún problema con entrenos de máis de 50 min como se di por ahí. De feito a maior tirada que fixen con el foron 2 horas 25 min e marcando sempre perfectamente.
Outro punto positivo é o rápido que conecta cos satélites, sobre todo se usa a función de memorización, en apenas 5 ou 10s xa está listo para comezar. Ademáis o GPS vai bastante clavado, non ten prácticamente desviación, ainda que como todo depende por onde te metas.
Por outro lado, é bastante habitual acabar coa pantalla algo empañada (debe de ser un problema habitual, pois tiven un que cambiei por este problema, e o novo ó pouco volveulle a pasar), non é moi molesto pero ahí está. Outra cousa que non me gusta é o ritmo/velocidad instantanea, que en vez de mostrala actual, fai unha especia de media da ultima volta. Mellora un pouco a frecuencia de actualización se pos Estilo Libre en vez de Correr.
E por ultimo, o tema da natación, tampouco vai moi ben: por exemplo se nun largo fago 15 brazadas, varia 3 ou 4 arriba ou abaixo, ainda que mais cara arriba. O mesmo cos largos, 1 de cada 4 non o contabiliza, ou contabiliza de mais.
En calquera caso eu estou satisfeito, valoro bastante o sinxelo que é: chegar, coller satélites e correr. É moi cómodo.