Ven, 19 Set 2014, 22:08
Asunto: Re: axuda zapas maratón
Se as Skechers GoRun 3 te parecen un pouco escasas, podes probar cas GoRun Ride 3, co mesmo drop, se lle quitas as plantillas removibles, pero con máis amortiguación. Para o teu ritmo poderían ir perfectas, tanto para entrenar coma para competir. E polo prezo que teñen, menos de 80 Euros, se as consigues un pouco rebaixadas, podes comprar dous pares polo prezo dun doutras marcas e facer unha rotación con elas. As GoRun 3 poderías usalas para carreiras de 10 kms. Claro que tamén depende da túa técnica. Si é medianamente eficiente e non tes problemas en aterrar de mediopé, podeste adaptar as GoRun 3 con facilidade. Tamén podes facer unha rotación cos dous modelos, deixando as Ride para rodaxes máis cómodos e longos e as outras para traballos máis de ritmo, coma intervalos, fartleks, repeticións, rodaxes a ritmos próximos os de competición de media e maratón, etc. E así, adaptándote a elas neses entrenos máis curtos, poderías probar nalgunha rodaxe máis longa con vistas a adaptarte para correr a maratón con elas. Nos setenta corríamos con Adidas Special Marathon e Onitsuka Pinto ou Marathon, entre outras poucas, que non había moita variedade, con menos drop, menos altura de mediasuela, as Onitsuka só tiñan a suela externa sen mediasuela algunha, e materias non tan blandos e amortiguantes coma os de agora. Servían tanto para entrenar coma para competir. Claro que éramos corredores federados, acostumados o pouco drop dos clavos e zapatillas de adestramento da época. A miña primeir carreira de gran fondo, ós 19 anos, en 1976, un 20 kilómetros en pista de cinza, fíxena descalzo, pero claro estábamos acostumados e non tíñamos necesidade de facer unha lenta e progresiva transición coma agora é necesaria por vir de zapatillas super amortiguadas e con perfiles altísimos e drops moi esaxerados. Skechers estase convertendo na minha marca preferida. Teño as GoRun de primeira xeración, en perfecto estado e as GoRun Ultra, cun concepto maximalista con moita altura de mediasuela, amortiguación xenerosísima e drop de 4mm. sen plantilla, o que propicia, tamén pola sua curvatura, o aterraxe de mediopé. Son cómodas, extremadamente lixeiras e con moi bó prezo. Unha marca que vai cada día a mellor.
Alex