Sáb, 27 Set 2014, 20:08
Asunto: Re: I Carreira Popular Dolmen de Dombate - abana de Berganti
Moi boa carreira, ao meu parecer!
Felicitacións á organización, voluntarios, protección civil, e demáis colaboradores, porque penso que estivo todo moi ben montado, ademáis de ser gratuita. Estupenda a idea do churrasco ao final, que por certo estaba boísimo
Boa promoción do entorno do Dolmen de Dombate, que o merece pola súa significación histórica.
Aos corredores, noraboa, pola asistencia numerosa, e por aguantar o tipo nunha carreira que, ainda que bonita, penso que non é das máis facilonas. Recorrido "entretido", no que -pese a ser circular- daba a sensación de que había máis subida que baixada!
Como dato anecdótico: a primeira carreira que fago (e xa levo unhas cantas de 5 anos para aquí) na que o GPS dame ó final 10,0 Km de percorrido!
O que a medíu tiña que impartir másters de trazado e medición de carreiras
A repetir para o próximo ano, e ós que non viñéchedes, facédelle un oco porque paga a pena: nin vós nin os vosos acompañantes vos ides aburrir