Dom, 23 Nov 2014, 18:54
Asunto: Re: Zapas para corredor de 62 kg e 4:20 en Media Maratón
Boas... estiven a finde de viaxe, e desconectado, pero xa viña de volta con ganas de mirar se había algún comentario pola vosa parte... Moitas grazas!!!
Bueno, das zapas que suxerides póñoas de momento con esta prioridade:
1) NB 890 v4. Ten moi boa pinta e as súas características parecen moi equilibradas... inclusive a duración, polo visto nalgún ensaio que estiven leendo en internet. Tiven unhas das primeiras 890 e non teño mal recordo.
2) Adidas Energy Boost. A verdade é que a Adidas non a tiña moi mirada para a miña elección, pero á vista das vosas suxerencias estiven leendo sobre esa zapa e póñena moi ben. Parece que se adapta perfectamente tamén (como a NB 890) ós meus ritmos. Temo que a duración sexa menor, eso sí, pero seguirei leendo a ver se atopo máis comentarios por ahí.
3) NB1400. Algo mirara dela tamén, pero non é moi coñecida esa zapa... tampouco se ve moito por ahí en tendas... pero gústame moito, a pesar de que sospeito que "non é para min"... creo que piden un corredor de máis chispa
Supoño que podería usalas, pero en realidade son para ir máis rápido, e posiblemente a duración sería comprometida.
4) Asics Stratus/Cumulus. Éstas creo que tampouco son para min, pero polo motivo contrario das NB1400... Creo que poderían resultarme algo lentas, pesadas e gomosas en comparación cas outras candidatas; creo que non preciso tanta goma entre o pe e o chan.
De momento, vou ir mirando prezos das Energy Boost e das 890; creo que pode caer calquera delas... a que mellor atope de prezo
Se se vos ocurre algo máis, agradézovolo, porque non creo que compre ata o vindeiro finde.
Graciñas de novo, e saúdos.