Dom, 28 Dec 2014, 19:19
Asunto: Milla na Costa da Morte (31/12/14)
Un ano máis, e xa van 7, faremos a popular San Silvestre de Baio o próximo mércores 31 de decembro ás 5 da tarde. O percorrido é o de tódolos anos, é dicir, en torno a unha milla (algo máis, uns 1700 metros) ao longo do paseo fluvial. É un percorrido de ida e volta llaniño que os supermáquinas fan en 5 minutos pelados (o récord das 6 edicións anteriores é de 5.04, que fixo o ano pasado Martín Regueira Rellán, gañador das 2 últimas edicións, creo recordar).
A inscrición é gratuita e faise no lugar de saída (ao lado do bar "O Calvario") uns minutos antes de empezar a carreira, que será ás 5 e algo da tarde. Hai dúas categorías: a de menores de 14 anos, ás 5, que farán uns 500 m e a de maiores de 14, que faremos a milla unha vez que rematen os nenos.
É unha carreira moi cutriña que facemos como unha especie de festa de despedida do ano; de feito soemos participar só uns 30/40 corredores. Aparte da auguiña ao acabar, hai trofeo só para o primeiro clasificado de cativos e de maiores e tamén para o mellor disfraz, pois tamén hai a posibilidade de correr disfrazado. Pero bueno, visto o nivel de anos anteriores neste sentido, aínda non sei se será máis fácil levar o trofeo da carreira que o do mellor disfraz, que xa é dicir
![Moi feliz Moi feliz](images/smiles/icon_biggrin.gif)
O de que é cutriña digoo porque visto o nivelazo de organización doutras moitas carreiras, a nosa faise cun presuposto de apenas 100 euros (vamos, o que custan os trofeos, os carteis e as augas) e por iso, se alguén ten pensado vir desde o quinto pino igual se leva un chasco ao ver a nosa e se acorda dos nosos antepasados por facer unha longa viaxe "para nada". Por iso, esta mensaxe vai dirixida sobre todo a aqueles corredores da Costa da Morte e arredores que non teñan outra carreira en mente e que queiran pasar un rato agradable con nós, pois o ambiente é "festivalero total".
Calquer dúbida que queirades comentar, podedes preguntala neste post ou ben chamándome ao 629772099 (Pablo Mira).