Ven, 13 Feb 2015, 9:41
Asunto: Re: XXV Carreira De SAN XOSÉ 2015 As Pontes [15/03/2015]
Moi bos días foro!
Traio novidades frescas con respecto á XXV edición da carreira de San Xosé, unha edición que queremos que sexa moi especial, tanto polo número (25!!!) como polo gran grupo que se está a facer no Olympo.
A dinámica da carreira é a mesma de sempre pero como engadido temos:
1. Feira do corredor
2. Andaina ademáis da carreira
3. Edición especial AS PONTES CORRE POR ELAS
1. FEIRA DO CORREDOR
Queremos dinamizar a proba, que sexa un referente, e que sexa útil para todos, especialmente para os máis principiantes. Cando desembarcas nesto recentemente estás moi perdido... hai mil cousas novas, non sabes que é importante, que non, que zapatillas comprar, si tes que facer cambios na túa alimentación, si tes que ir ó masaxista, se a túa forma de correr é axeitada, canto entrenar ou canto descansar... O obxetivo da feira é proporcionar ós nosos colaboradores un escaparate hacia todos vós para poder mostrar os seus productos, asesorarvos e crear un ambiente atlético onde irnos familiarizando con todo este mundo e seguir as novidades. Con este fin vaise a montar unha carpa nas inmediacións de A Fraga (no aparcamento) e dende o sábado pola tarde estará aberto para todos. Por alí estaremos a directiva do OLYMPO e temos confirmados polo momento a GALIORIENT, LECAR712, EQUIPA e CLÍNICA TALOS. Se sabedes de quen poda estar interesado en acompañarnos que non dubide en poñerse en contacto con nós.
2. ANDAINA E CARREIRA
A nosa San Xosé é unha carreira auténtica, con personalidade, a subida ó pantano é un clásico que oxalá perdure mooooitos anos, non é unha carreira longa, pero sí traumática se non se está entrenado debido ós desniveis por asfalto. Gustaríanos que todo o mundo puidese correla, pero sabemos que non sempre pode ser... Os que están empezando, xente moi maior, lesionados, xente que quere facela cos nenos, xente que non lle gusta correr... Queremos que todos eles participen!! Para o que creamos unha andaina máis ou menos paralela. Serán aproximadamente 3km e darase a saída no momento en que os corredores salgan da Fraga (para non entorpecerse)
3. EDICIÓN ESPECIAL AS PONTES CORRE POR ELAS
Levamos varias edicións falando con que a XXV edición tíñamos que facer algo especial, pensamos mil cousas... Ó final, estando en contacto con servicios sociais do Concello das Pontes e sabendo da solidaridade do noso pobo (claro exemplo a carreira da muller loitando contra o cancro de mama), decidimos facer unha carreira solidaria na que o prezo da inscrición para carreira e andaina será de 3€ (excepto menores de 18 anos que será gratuíta) na que toda a recaudación irá destinada ÍNTEGRAMENTE, para ALMAT (asociación de loita contra o maltrato). (Ó final máis info sobre ALMAT)
Queremos que sexa a primeira de moitas edicións especiais, e este ano comezamos con ALMAT, cun especial agradecemento ás mulleres, xa que queremos celebrar o día da muller traballadora (8 marzo), e tamos recoñecer a todas as mulleres que nos apoiaron a nós como club e á causa da loita contra o cancro. Para iso teremos premios especiais para:
A muller máis nova, a de máis idade, a que veña de máis lonxe, ó grupo neta-nai-avoa e o grupo máis numeroso por mulleres da mesma empresa.
Rapaces, estaredes cansos de que nos centremos tanto nas mulleres...ata fai pouco o deporte feminino estaba "aparcado" había moitas menos mulleres que homes facendo exercicio. Como consideramos que o deporte é beneficioso a todos por igual quixemos "revolucionar" ás nosas mulleres para que se animaran e descubriran os beneficios, e sen dúbida, creo que o conseguimos! E moito gracias a vós, os seus familiares, os seus irmáns, fillos, mozos, maridos, que as animáchedes e apoiáchedes. E acaso agora... Non estades encantados de ver un feixe de mulleres de todas as idades facendo exercicio!!? Pois eso é o que pensamos nós! E sen dúbida, a edición XXVI ten que ir para vós,!! Os nosos rapaces incondicionais!