Mar, 24 Feb 2015, 23:08
Asunto: CAMPAÑA DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Ola, moi boas.
A miña moza está a participar nunha campaña polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que consiste en crear un gran mural con fotografías (xeralmente de 2 ou máis persoas, nas que haxa unha muller ou mais) que se vai expor na Cidade da cultura o día 8 de marzo baixo o lema #TODASPROTAGONISTAS.
Se alguén está interesado/a en participar póde pasarme por mail unha foto coas mulleres máis importantes da súa vida para enviarllas e que poidan levar adiante esta fermosa iniciativa.
O MEU CORREO É: martin.lameiro.perez @ gmail.com
Sinto usar este foro, pero é unha das formas que teño pra chegar a todo o mundo.
Aclarar, que esta é unha campaña promovida polo Concello de Santiago, polo que está respaldada por unha institución pública e davos garantía de privacidade.
Unha vez enviadas e impresas as fotos, eliminaranse do meu correo automáticamente.
Moitísimas grazas por todo de antemán e agardo que vos animedes e participedes polas nosas mulleres.
Un saúdo!!