Sáb, 14 Mar 2015, 11:57
Asunto: Re: BTTRAIL PENINSULA DO GROVE
Coincido que o calendario está a tope de datas. Correr está de moda e o Trail parece o opio dos corredores polo que atopar unha data "virxe" é case imposible. O calendario de Correr en Galicia está marcado de múltiples puntos verdes tódalas fin de semáns. E coincido de que dá a sensación de que ningunha vila que se precie se non tén unha proba de Trail parece que non está no mapa tal como apuntaban máis arriba.
Pero dito todo isto penso que O Grove "is diferent", en O Grove a palabra DEPORTE escríbese con maiúsculas. Se alguén fai un repaso polo tecido deportivo que existe neste Concello seguramente se atope con que sexa o municipio galego que máis equipos deportivos existen por habitante e seguro que é o municipio galego que máis campións estatais tén por habitante.
A súa poboación non chega a 12.000 habitantes (non estou seguro) e atopámonos con dous equipos de remo, dous de piragüismo, balonmán, fútbol, vela, caza, tenis e pádel, karting, tenis de mesa, golf, ornitoloxía, caza... e incluso fútbol gaélico.
Todo o que se organiza en O Grove é sinónimo de éxito. Se retrocedemos unhas datas podemos ver como os participantes da II Luatlon a principios de febreiro saturaron as rúas de xente, atreveríame a dicir que participaron milleiros de duatletas ou case.
E aínda que ese día os meus bos amigos Edu e Manolo de Arousa.com organizan a Carreira de O Corgo onde a miña empresa colabora patrocinando o evento, aínda así, estou seguro que o BTTrail de O Grove vai ser tamén un éxito igual que o leva sendo O Corgo en tódalas súas edicións.