Foros ›
Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mar 2015, 9:42
Asunto: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

REGULAMENTO

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: O Consello de Barrio de Monte Porreiro e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, coa colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 12 de abril de 2015, a partir das 12,00 horas, a “III Carreira Pedestre Monte Porreiro 2015 – Gran Premio U.N.E.D.”
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASCULINA / FEMININA
Ano Menor Maior Nacemento
Chupete De 00 A 04 2015 – 2011
Pitufo/a De 05 A 07 2010 – 2008
BenxamínDe 08 A 09 2007 – 2006
Alevín De 10 A 11 2005 – 2004
Infantil De 12 A 13 2003 – 2002
Cadete De 14 A 15 2001 – 2000
Xuvenil De 16 A 17 1999 – 1998

CCCP 2015
PromesasDe 18 A 22
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante
Parellas Mixtas De 18 En diante
Parellas MasculinasDe 18 En diante
Parellas Femininas De 18 En diante
Haberá unha categoría especial de parellas que poderán estar formadas por un home e unha muller (categoría parella mixta), dous homes (categoría parella masculina) ou dúas mulleres (categoría parella feminina). Estas parellas terán que facer todo o percorrido xuntas, entrando en meta cunha diferenza máxima de 5 segundos entre os membros da parella, contabilizándose o tempo de chegada do membro do equipo que entre en segundo lugar. En caso de non entrar no prazo máximo de 5 segundo a parella quedará descualificada.
Para poder participar na categoría de “parellas” haberá que, primeiramente inscribirse individualmente, ou no CCCP 2015, ou só na propia carreira de Monte Porreiro. Posteriormente un dos integrantes conformará un equipo e enviará unha soa invitación ao segundo/a compoñente, e este segundo/a membro deberá aceptala expresamente antes do prazo de fin de inscrición en Monte Porreiro. As parellas non configuradas no prazo non puntuarán.
Todas as persoas participantes na categoría parellas, non puntuarán nas distintas clasificacións individuais da Carreira de Monte Porreiro.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións e das distintas promocións vencelladas coa carreira. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección imdadministracion @ pontevedra.eu no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agás as de menores, faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 08 de abril. Para as categorías de menores a inscrición será presencial o día da proba, entre as 08,30 e as 10,45 h na propia U.N.E.D.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, a inscrición xa está pagada. As inscricións no CCCP tamén faranse en www.championchipnorte.com.
As categorías de menores de idade teñen de data de inscrición só o día 12 de abril entre as 08.30 e as 10.45 horas na propia U.N.E.D. (igual que a recollida de dorsais) e será de balde.
As categorías de maiores de idade teñen de data de inscrición Ata as 23.59 horas do 08 de abril, recollida de dorsais o día 12 de abril entre as 08.30 e as 11.30 h na propia U.N.E.D., cunha cota de 5 € e con aluguer de chip (1 € en caso de non telo en propiedade) A través da web www.championchipnorte.com
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Os membros da comunidade educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia U.N.E.D. (alumnado, profesorado e PAS) que se inscriban na carreira, deberán de pagar como todos no momento de inscribirse, e a Organización devolveralles o importe da mesma (polo mesmo medio que fixo o pago), excepto (de non telo en propiedade) o aluguer do obrigatorio chip polo que terá que abonar 1 €. Para obter a devolución, de forma inescusable, no momento de recoller o dorsal deberá presentar o carnet da U.N.E.D. e o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

5. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta e de non ser así:
Dende Santiago ou Vigo: tomar a saída da autopista Pontevedra Norte e coller dirección a Pontevedra, avanzar 100 metros e na primeira rotonda (con edificios no seu interior) rodeala deixando o Servizo de Bombeiros de Pontevedra á esquerda e a Comandancia da Garda Civil á dereita, na primeira saída da rotonda coller á dereita (dirección Policía Local e ao Pazo de Congresos de Pontevedra) e pasar por enriba da autopista seguindo o Paseo de Domingo Fontán (paralelo ao río Lérez) ata chegar a unha gasolineira de Repsol e a unha rotonda dende a que tomaremos a segunda saída (dirección Recinto Feiral). Pasamos por diante do Pavillón Municipal dos Deportes e na seguinte rotonda tomamos a segunda saída (dirección Policía Local) para enlazar inmediatamente (100 metros) á dereita dirección Ourense. Xa estamos no Recinto Feiral de Pontevedra e avanzamos ata atravesar a Ponte dos Tirante e na primeira rotonda tras a ponte collemos a cuarta saída dirección Monte Porreiro (paralelos ao río) durante 2.5 quilómetros e ao atopar a primeira rotonda ir buscando onde aparcar para subir a pé a primeira costa a man dereita que atopamos.
Dende Ourense: Se vimos pola estrada Nacional 541 (Ourense – Carballiño – Cerdedo- Pontevedra) ao entrar en Pontevedra, e no primeiro semáforo e rotonda que atopamos, collemos a man dereita (está indicado Monte Porreiro); avanzamos e seguimos os carteis da U.N.E.D. xa chegamos.

6. SERVIZOS GARDARROUPA, SANITARIOS E SEGUROS. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da U.N.E.D. de Pontevedra e con entrada pola Rúa Francia, preto da zona da saída.

7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Categoría / Saída / Distancia
Chupetes / 11.10 / 50 m
Pitufos/as e Benxamín / 11.15 / 300 m
Alevín e Infantil / 11.20 / 800 m
Cadete / 11.30 / 1.500 m.
Xuvenil / 11.40 / 2.500 m.
Promesas, Sénior, Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e Parellas / 12.00 / 8.000 metros
Haberá un avituallamento líquido no km. 4 (ao remate da primeira volta) e na liña de meta facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
Haberá unha meta volante sinalizada no circuíto cun premio especial para o primeiro home e a primeira muller en atravesala.

8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda persoa non inscrita (con dorsal oficial e chip) non poderá correr nesta carreira e se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización.

POSTERIOR Á CARREIRA

11. DUCHAS E OUTROS. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios habilitados no Pavillón de Deportes do Colexio Marcos da Portela en horario de 12 a 13.30 horas. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Premio especial - Feminino - Deportista de máis idade
Premio especial - Masculino - Deportista de máis idade
(1) Todos/as os/as participantes inscritos na categoría “parellas” non optarán aos trofeos individuais desta carreira.
(2) Todas as “parellas” que suban ao podio serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá unha merenda axeitada para todos/as os participantes.

15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.), en info @ sgpontevedra.com ou no Facebook en CircuitoDeCarreirasDePontevedra
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Mar 2015, 14:30
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

Inscrito, nesta carreira ó lado da casa.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 12:40
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

pontevedraviva.com/dep...a-edicion/
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 12:42
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

Xa non queda nada para inscribirse....
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 15:33
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

Non había topado o tema musgo, e abrira outro perdoa. Poño o que había no outro tema aberto.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 15:35
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

sanmikel escribió:
Abro o tema, pois non hai un específico para este ano.
Hola, no calendario de CenG, aparece a proba, pero non aparece no calendario do Circuito.
Dede os colaboradores circuito se informa, que todas as probas da CCCP 2015 ata o 30 de xuño de 2015 están incluídas, pero non aparecen.

Enlace Regulamento

Inscripcións ChampionChip

Imaxino que será de caracter bastante popular, tipo como a SanBrais, que o rematar me gustou moito ese caracter festivo. Espero que así sexa esta tamén.

xenosilve escribió:
polo que vexo hora definitiva saida adultos as 12:00. Tomo nota!!!

sanmikel escribió:
Un pouco tarde, e ademaís, creo quedan bastante calor. Igual afecta un pouco, haberá que ir ben hidratado.
xenosilve escribió:
polo que vexo hora definitiva saida adultos as 12:00. Tomo nota!!!

Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 15:53
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

sanmikel escribió:
Non había topado o tema musgo, e abrira outro perdoa. Poño o que había no outro tema aberto.

Guiño
anfer

Novo foreiro
Novo foreiro
5/11/12
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 9:35
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/0

Unha dúbida...mais ben dúas. A ver se alguén me pode responder;

"Todas as persoas participantes na categoría parellas, non puntuarán nas distintas clasificacións individuais da Carreira de Monte Porreiro."



- Que non puntuen nas clasificacions individuais non que decir que non se puntue nas clasificacions do CCCP, non?

- Se a parella entra separada (a máis dos 5 segundos) puntuan na clasificacion individual?

Grazas!
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 10:10
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

Pregunta en www.facebook.com/Circu...Pontevedra
Aline

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/09
0 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Abr 2015, 15:36
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

Me gustaría que alguien me hiciese entrar en razón y me explicase el motivo de que en el reglamento se imponga como norma a cumplir el tener que estar en el momento de la entrega de premios para tener derecho a un premio que, se supone, uno se ha ganado con su esfuerzo. No vale delegar en otra persona o reclamarlo a posteriori una vez finalizado el acto. Nunca he visto que ocurra algo así en ninguna otra competición deportiva, y, por más vueltas que le doy, no consigo encontrar algo de lógica en tal decisión. Una vez finalizada la entrega de premios, la única persona que parece que se encargaba del tema, y, según sus propias palabras, el "único" representante de la organización, era el técnico de deportes del Concello. Esta persona se limitó a decir que estaba escrito en el reglamento y que había que acatar dicho reglamento. Distinto sería si estuviésemos reclamando que volviesen a nombrar a la persona premiada por megafonía y que la hiciesen subir al podium, eso es algo que cualquier persona con un mínimo de cordura comprendería que no es posible. Era algo tan sencillo como abrir la caja donde estaban los trofeos sin recoger y dar a la persona en cuestión el que le correspondía. Y yo ahora me pregunto: Realmente se fomenta el deporte popular con normas como esta, tan inflexibles como ilógicas???. O será que en esta época de recortes y ahorro interesa que sobre el mayor número de trofeos posible para reutilizarlos el año que viene??? (sólo habría que cambiarles la chapa).
Ni que decir tiene que el trofeo es lo de menos, pero cosas tan importantes como la ilusión, el esfuerzo y la constancia de un deportista hoy se han visto enturbiadas por normas absurdas y personas intransigentes.
ulrich

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/02/10
50 Carreiras
522 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Dom, 12 Abr 2015, 16:54
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

No quisiera entrar en polémicas, pero me parece lo mas normal del mundo, q para entregar el trofeo tenga q estar la persona que lo ha logrado, salvo fuerza mayor claro esta.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2015, 8:30
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

ulrich escribió:
No quisiera entrar en polémicas, pero me parece lo mas normal del mundo, q para entregar el trofeo tenga q estar la persona que lo ha logrado, salvo fuerza mayor claro esta.

Aplauso Aplauso Aplauso

... Pero si en Monte Porreiro subieron representantes de los premiados porque se fueron a duchar, comer, viajar, tomar el Sol,... o lo que fuera... no le pidieron el dorsal ni el DNI a nadie... pero parece ser que lo normal es que (según el Facebook oficial) ¡¡¡¡faltasen 21 personas a la entrega de premios¡¡¡¡... y faltaron un montón.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2015, 8:52
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

É certo que no regulamento por exactamento que di a organización
Cita:
13. ENTREGA DE PREMIOS
Ao remate de cada proba individual entregaranse só os premios de cada carreira, non os do CCCP que só se entregarán ao remate do circuíto en data a definir. Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no seu momento, perderán o dereito a recollelo.

Pero tería que quedar claro tamén, a que hora se entregan os premios. Pois moitas veces, empezan 30 ou 40 minutos despois de chegar o último participante. E tamén por megafonía non decir que xa se entregará noutro momento....
Non sei, me parece unha norma estúpida. Se o que queres e non crear maís gastos a organziación, con so indicar que a persoa gañadora do trofeo se fará cargo da recollida do trofeo, sería máis que suficiente.
Por non querer pensar, ou por non coñecer a alguen que se lle entregase o trofeo, sen haberse presentado no podium, que seguro que algún caso pode existir.
Unha rabia.
Mickhellon

Novo foreiro
Novo foreiro
5/02/13
0 Carreiras
31 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2015, 8:58
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/0

Yo lo que no acabo de entender (y distingo entre tiempos netos y absolutos, y en esta carrera no hay distinción) es como puede haber tanto desfase entre el tiempo "oficial" y el del cronómetro personal. He dado a start justo en el pistoletazo de salida (no al pasar por la alfombra) y a stop al pasar por la alfombra, y aún así, la diferencia ha sido de 13" a más, ya que según mi reloj mi tiempo sería de 35:30, y no de 35:43.
Obviamente mi clasificación sería la misma, pero me parece un desfase importante. ¿No le ha ocurrido a nadie más?
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2015, 8:58
Asunto: Re: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15

sanmikel escribió:
É certo que no regulamento por exactamento que di a organización
Cita:
13. ENTREGA DE PREMIOS
Ao remate de cada proba individual entregaranse só os premios de cada carreira, non os do CCCP que só se entregarán ao remate do circuíto en data a definir. Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no seu momento, perderán o dereito a recollelo.

Pero tería que quedar claro tamén, a que hora se entregan os premios. Pois moitas veces, empezan 30 ou 40 minutos despois de chegar o último participante. E tamén por megafonía non decir que xa se entregará noutro momento....
Non sei, me parece unha norma estúpida. Se o que queres e non crear maís gastos a organziación, con so indicar que a persoa gañadora do trofeo se fará cargo da recollida do trofeo, sería máis que suficiente.
Por non querer pensar, ou por non coñecer a alguen que se lle entregase o trofeo, sen haberse presentado no podium, que seguro que algún caso pode existir.
Unha rabia.

En el reglamento específico de Monte Porreiro decía.... "13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio."





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos