Xov, 19 Mar 2015, 19:12
Asunto: III Ultratrail do Barbanza - Ribeira [2/5/2015]
Día: 2 de maio de 2015 (prazo inscrición do 23 de marzo ao 27 de abril)
Hora: 9:30 h. RUTA A - 10:30 h. RUTA B
Distancia: 50 km. RUTA A - 25 km. RUTA B
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa 2 - Balteiro (Ribeira)
Duchas: Camping Ría de Arosa 2
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira, Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Revolutrion
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
www.arousa.com
Custo da inscrición: 25 € RUTA A - 15 € RUTA B
Páxina web oficial:
www.arousa.com -
www.ultratraildobarbanza.com
======================================
Xa temos colgada na web toda a info da Ultratrail do Barbanza.
Como podedes apreciar hai cambios sustanciais respecto á anterior edición: recorrido, prezos, patrocinadores, desniveis, e priorizar a atención ao participante, para o que tivemos en conta todas as suxerencias, críticas, e ideas que nos fóstedes pasando tanto os que participáchedes nas edicións anteriores coma os que desexades participar.
Pensamos que esta edición pode responder positivamente a tod@s os que nos pedíades un percorrido máis asumible, corrible, e disfrutable, con todos os sendeiros e "non sendeiros" que pudésemos poñer no camiño (qué frase tan revirada esta), e sin perder nengún lugar desos que tanto vos gustan, tratando de meter algún novo. Encaixe de bolillos, pero ahí o tedes.
Dende a organización esperamos que sexa do voso agrado e que vos animedes a disfrutar con nós desta nova aventura.
Para ir abrindo boca, aquí vos queda o video que fixemos o ano pasado:
youtu.be/vsYBoZLqjIM
Tedes galletiñas de información salpicadas no noso facebook:
www.facebook.com/arousa.naturezaeocio
Última edición por Edu_Iglesias o Xov, 19 Mar 2015, 23:44; editado 1 vez