Dom, 29 Mar 2015, 15:39 Asunto: Crónicas das Series Mundiais de Tríatlon
Boas foreiros,
Como moitos de vós saberedes, hoxe foi a segunda proba do mundial de tríatlon en Nova Zelandia, e Javi Gómez Noya quedou segundo por detrás Jonathan Brownlee. Para aqueles que non vedes as carreiras por internet, e tampouco atopades información seria e profesional nos grandes medios, recoméndovos www.pontoontri.com
Escrito por un xornalista e triatleta, podedes atopar as crónicas das Series Mundiais despois de cada proba e entrevistas cos grandes do deporte. Tódolos artigos están en galego, castelán e inglés. Botádelle un ollo!
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos