Foros ›
I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
AsociacióndeportivaC.A.R

Novo foreiro
Novo foreiro
24/01/13
0 Carreiras
38 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 30 Mar 2015, 9:13
Asunto: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA



INFORMACIÓN E REGULAMENTO
Data: domingo, 26 de Abril de 2015

Lugar: A Ermida, Pazos de Borbén.

Organiza: Asociación Deportiva CAR. Colabora: Concello de Pazos de Borbén.

Cómo chegar: Dende a rotonda de Pazos de Borbén (ó lado do Concello, Pavillón...), tomar a 3ª saída dirección A Ermida, continuar 2 km aprox. ata un último cruce/bifurcación no que seguiremos subindo pola dereita, dirección mesón Coto do Corno, a 300 metros poderemos ir deixando o coche (haberá ademáis un pequeno aparcadoiro de terra habilitado).

Hora de saída: Andaina ás 10:00 h. Carreira ás 10:30 h.
A saída se dará lugar na Casa da Escola da Ermida, a uns 400 metros do aparcadoiro.
A meta estará situada no mesmo lugar da saída, asi como o avituallamento final.

Recollida de dorsais para a carreira: Efectuarase dende as 9 da mañá na zona de saída ata media hora antes do inicio da proba.

Percorrido: 18 km e 450m aprox. de desnivel positivo acumulado para a carreira
11 km e 300m desnivel positivo para a andaina.

As inscripcións serán a través do enlace colgado no blog da Asociación ou no facebook, ata cubrir límite, por rigurosa orde de entrada.
car-asociondeportiva.es.tl/
www.facebook.com/asoci...portivacar
Tanto para a andaina como para a carreira.
Data límite martes 21 de Abril ás 23:59.

O pago (5€ para a carreira) efectuarase mediante trasferencia ou ingreso en conta facendo constar nome e apelidos de cada participante, enviando xustificante de pago ó correo car.redondela @ gmail.com ou en Zapatería Susuela (Rúa do Adro 32, Redondela).
Andaina de balde.
Nº de conta: IBAN ES61 2080 5209 4730 4001 1294 (ABANCA)

Participación, clasificación e trofeos:

Poderán participar na carreira todos aqueles corredores, que tendo cumprido os 18 anos de idade no día da proba, e baixo a súa responsabilidade, se consideren en condicións físicas aptas para afrontala. Na andaina non haberá límites de idade, podendo participar menores baixo a custodia dun responsable e acollendose á premisa anterior.

O control de tempos na carreira se efectuará na liña de meta de forma manual.

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados masculino e feminino das seguintes categorías:
Senior – menores de 40 anos
Veteranos – de 40 en diante

Post carreira e andaina:

Os participantes disporán se duchas a algo máis de 2 km do punto de saída - meta, no Pavillón Municipal de Pazos de Borben (ó lado da rotonda).

Ó finalizar as probas, despois da chegada a meta do último participante, disfrutaremos dun avituallamento sólido final e se procederá ó sorteo de agasallos.

Durante a proba:

Haberá un punto de avituallamento líquido intermedio nunha zona do percorrido acotada para tal fin, da cal non se poderá saír cos envases dispostos.

Sendo respetuosos co medio, queda prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ó longo do percorrido das probas.

Seguirase en todo momento o percorrido marcado e balizado pola organización

Todo participante ten o deber de prestar socorro a outro participante que esté en perigo ou accidentado. A privación de auxilio será penalizada coa descalificación inmediata. No caso de retirada, avisarase ó persoal da organización.

Os participantes autorizan ós organizadores ó posible rexistro e publicación de fotos e vídeos en relación coa súa participación no evento.

A organización non garante a cobertura en todo o percorrido, sendo o participante o principal responsable de sí mesmo, en coñecemento das súa forma física e saúde.

A Asociación Deportiva CAR non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais derivados da participación neste evento.

Para a participación no evento é preciso declarar no momento da inscripción o coñecemento e aceptación do regulamento que se acaba de mostrar.

www.facebook.com/asoci...portivacar
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Mar 2015, 20:24
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Reglamento

Inscripciones

Perfil carrera

Perfil andaina
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2015, 17:52
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Estamos á espera de que nos inclúan a proba no calendario e no circuito de correr en Galicia.
Por motivos loxísticos, o número de participantes será reducido pero todavía quedan prazas dispoñibles.
anarky

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
14/01/09
136 Carreiras
2237 Mensaxes
Becerreá (Lugo) e Vilaboa
Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2015, 10:15
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

A carreira xa está incluída no circuito de correr en galicia cos seus correspondentes coeficientes.

Un saudo.

www.24gramos.blogspot.com
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2015, 21:16
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

anarky escribió:
A carreira xa está incluída no circuito de correr en galicia cos seus correspondentes coeficientes.

Un saudo.

Moitas gracias!!
moyano

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/11/12
98 Carreiras
470 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 12:34
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Inscrito ahora solo queda pagar.por el.desnivel no parece de las duras pero bueno.a de verse.pone que habra solo un avituallamiento se sabe km aproximado?
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Abr 2015, 15:07
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

El avituallamiento será en el 9, luego en el 11 hay una fuente.
Si hay un día de calor se aconseja algún sistema de hidratación sobre todo para los primeros kilómetros que son los más duros.
El desnivel positivo son unos 400 metros pero muy llevaderos sin apenas zonas de caminar.
paco_con

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/02/12
1 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Abr 2015, 15:32
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Fantástica carreira! Cun fermoso percorrido e unha grandísima organización. Moitas grazas aos responsables polo traballo ben feito.
AsociacióndeportivaC.A.R

Novo foreiro
Novo foreiro
24/01/13
0 Carreiras
38 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 27 Abr 2015, 10:00
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Bos días!

Deixamos o enlace coa clasificación de onte.


car-asociondeportiva.e...Ermida.htm
MrZumbico

Montañés
Montañés
30/09/13
0 Carreiras
31 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Abr 2015, 7:57
Asunto: Re: I CARREIRA E ANDAINA MONTES DA ERMIDA

Una carrera genial. La organización fantástica y el ambiente insuperable. El año que viene repetiremos seguro.

Por cierto, alguien tiene fotos del evento?¿?

Un saludo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos