Lun, 20 Abr 2015, 11:01
Asunto: II ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN - 16/05/2015
Por segundo ano consecutivo vaise celebrar a andaina Terras de Altamira - Brión 50 Qm o vindeiro sábado 16 de maio de 2015. Logo dunha primeira edición caracterizada polo enorme éxito de participantes, a segunda andaina volve con gañas de consolidarse. A idea xurdiu da xuntanza e do amor polo medioambiente e o deporte da Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO coa que colabora a Piscina cuberta municipal de Brión.
A proba de 50 Qm volvese a distribuir en 3 aneis (14, 22 e 14 Qm) que o andarego pode facer cada un independentemente ou combinalos segundo a capacidade física do participante.
DISTANCIAS
A II ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA terá unha distancia máxima de 50Qm que se van a distribuir en 3 aneis que comezan e rematan todos na Carballeira de Santa Minia, polo que non será necesario realizar os 50 Qm completos.
A II ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN terá unha estructura en "trebol de tres follas", ou o que é o mesmo tres aneis (14km - 22km - 14 km) que comezan e rematan todos na Carballeira de Santa Minia, co cal cada participante pode escoller entre as distintas opcións para realizar a andaina según as suas capacidades físicas. As opcións dispoñibles para facer a andaina son as seguintes:
- OPCIÓN 1: 50 Qm | Anel 1 + Anel 2 + Anel 3
- OPCIÓN 2: 36 Qm | Anel 1 + Anel 2
- OPCIÓN 3: 28 Qm | Anel 1 + Anel 3
- OPCIÓN 4: 14 Qm | Anel 1
- OPCIÓN 5: 36 Qm | Anel 2 + Anel 3
- OPCIÓN 6: 22 Qm | Anel 2
- OPCIÓN 7: 14 Qm | Anel 3
INSCRICIÓNS
- Na web da proba
- Presencialmente na Piscina Cuberta Municipal de Brión
Ata o día 30 de Abril, prezo 14€ nos que van incluidos:
+ BOLSA DO SENDEIRISTA COMPOSTA DE:
- Camiseta técnica
- Bolsa
- Dorsal
- Imperdibles
+ AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS
- Auga
- Bebídas Isotónicas
- Refrescos
- Froitas
- Empanadas/Bocadillos
+ SERVIZOS
- Duchas
- Uso libre das instalacións da Piscina Cuberta (obrigatorio gorro de baño), Sauna, Ximnasio
- Recollida en caso de accidente ou lesión
- Servizos médicos de primeiro alcance
- Aparcamento de balde
Mais información:
--------- PRAZAS LIMITADAS ---------