Mér, 20 Mai 2015, 8:32
Asunto: Re: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO
Dende a organización do SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO queremos dar as gracias un ano máis e xa van cinco, a tódolos patrocinadores ABANCA, EROSKI CITY MACEDA, RUN 04 e ós colaboradores CONCELLO DE MACEDA, FERRETERÍA GREGORIO, CASTELO DE MACEDA, HOTEL ANSUIÑA, CASERÍO DA CASTIÑEIRA, FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, ECOFM, CLUBE RIBEIRA SACRA E INORDE, por creer e apostar por este modesto proxecto que pretende unir deporte e solidariedade e que paseniñamente vai medrando ano tras ano.
Queremos recoñecer
dun xeito especial o enorme traballo levado a cabo por tódolos voluntarios/as que acudiron este domingo 17 de Maio a botar unha man para que este proxecto saíse adiante (voluntarios/as de cruz vermella de Ribadavia, Maceda e Ourense, voluntarios de Protección Civil de Parada do Sil, Veciños de Castro de Escuadro e Voluntarios/as en xeral),
a todos vós un millón de gracias, pois sin vós este proxecto non se faria realidade.
Por último queremos dar as gracias a tódolos/as que vos achegastes a Castro de Escuadro este domingo pasado para participar nalgunha das modalidades deste V SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO (Andaina ou Carreira), a través da vosas inscricións poidemos recaudar 611 € que serán destinados o programa de "LOITA CONTRA A POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL", xestionado pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA.
Obxectivo: VI SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO