Sáb, 06 Xuñ 2015, 20:16
Asunto: IV Nocturna Estradense (26/06/15)
El próximo día 26, el concello de A Estrada a través de su concejalia de deportes y en colaboración con nuestra entidad ( Club Deportivo San Piao) va a llevar a cabo una nueva edición de una de las carreras mas atractivas delas que se celebran en nuestra localidad, la Nocturna Estradense.
Ya hemos procedido a enviar toda la información de la misma para que sea visible en el calendario, mientras tanto os la adjunto por aquí:
REGULAMENTO IV NOCTURNA ESTRADENSE 2015
1. DENOMINACIÓN:
O Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo Sanpaio, organizan o vindeiro Venres día 26 de Xuño a IV Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba terá un percorrido nun circuito urbano polas rúas da estrada e será carreira puntuable para o III Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas a s categorías. A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e celebrarase dentro do programa das festas patronais de San Paio 2015. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
2. PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS:
Poderán participar na proba todas as persoas co desexen, sexan ou non federadas, sen distinción de nacionalidade ou sexo, sempre e cando estén debidamente inscritos, tanto no tempo coma na forma dende a web de
www.emesports.es
ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES CATEGORÍAS:
PITUFO Atletas nados en 2010 e posteriores
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997.
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1993, 1994 e 1995.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1992 e 1980.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1979 e 1970.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1969 e anteriores.
3. HORARIOS E PERCORRIDOS:
O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nun circuito urbano indicado, controlado e sinalizado.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
19:00h PITUFO
19:15 h PREBENXAMÍN e BENXAMÍN 500 m
19:30 h ALEVÍN 800 m
PARON DEBIDO A PROCESIÓN DAS FESTAS DO SAN PAIO
22:15 h INFANTIL e CADETE 1.600 m
22:45 h XUVENIL e JUNIOR 3500m (1 volta)
22:45 h PROMESA, ABSOLUTA E VETERÁNS 7000 m (2 voltas)
00:00 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIÓNS:
ADULTOS (dende Xuvenil ata Veterans C): Ata o Mércores día 24 de Xuño de 2015 as 24:00 horas na web
www.emesports.es (única forma de inscripción). Se non es usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen. A inscripción estará aberta ata a data sinalada ou ata que se alcance o límite de inscritos na proba absoluta, que será de 500 participantes. Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción dos adultos poderán dirixirse ó teléfono Tlfn: 627 36 61 34
ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscripción nos teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes @ aestrada.com. A data límite para formalizar a inscripción é o Mercores día 24 de Xuño as 24:00 horas. A organización resérvase o dereiro de aceptar inscricións fora de prazo.
5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba a partir das 18:00 horas para os nenos e dende as 20:00 horas e ata media hora antes do comezo de cada proba, para o cal habilitarase un posto nas inmediacións da saída/meta. A carreira dará comezo as 22:45 horas da noite. O tempo máximo para completar o percorrido será de 1h e 30 minutos. Os vestiarios estarán habilitados no campo de fútbol da Baiuca durante toda a tarde. É imprescindible participar co dorsal ben visible e co chip.
6. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS E AGASALLOS:
Recibirán medalla ou trofeo os 3 primeiros clasificados tanto masculinos como femeninos de todas as categorías dende pitufos ata veterans B, pedimos que antes de marchar do lugar por favor se aseguren de non ter trofeo na súa categoría. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta sendo controladas as probas dende Xuvenil mediante Chip. O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descalificado. Obsequio de camiseta para todos os participantes ata esgotar existencias, así como froita e avituallamento líquido o durante o transcurso e o remate da proba
DESCALIFICACIONS:Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba. O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización. Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento. A organización da IV Carreira Nocturna Concello da Estrada non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos. A organización contará cunha ambulancia no lugar con persoal para atender calquer contratempo médico que poidera surxir