Sáb, 04 Xul 2015, 10:22
Asunto: Re: IV Carrera Popular de Ortigueira (8/8/2015)
Regulamento
Art.1). O Concello de Ortigueira organiza o próximo 8 de Agosto de 2015 a IV Carreira Popular de Ortigueira, con saída e chegada na zona dos xardíns.
Art.2). A proba absoluta celebrarase sobre as
distancias de 5.000 e 10.000 metros a elexir no momento da inscripción. Por cuestións organizativas fíxase un tempo máximo para recorrer a distancia de 2h horas.
Art.3). As inscripcións realizaranse a través da páxina de Cronotec
www.cronotec.es/ onde será obligatorio cubrir os datos solicitados e facer o pago de 5 € ata as 20:00h do xoves 6 de Agosto.
Soamente abonarán cota de inscripción os atletas que tomen parte nas probas de 5.000 e 10.000 metros.
Tódolos atletas teñena obriga de comprobar que a súa inscripción está correctamente formalizada na paxina de Cronotec
www.cronotec.es
Art.4). As categorías e as distancias son as seguintes:
HORARIO - DISTANCIA - CATEGORIA
18:00h - 100 metros aprox. - Pre-benxamín (2008 e posteriores)
18:15h - 500 metros aprox - Benxamin (2007- 2006)
18:30h - 1000 metros aprox - Alevín (2005-2004)
Infantil (2003-2002)
18:40h 1500 metros aprox - Cadete (2001-2000)
19:00h - Carreira absoluta - 5.000 metros / 10.000 metros
Xuvenil/ Junior(1996 ata 1999)
Promesa/Senior (1995 ata veteráns)
Veterán A (de 35-49 anos)
Veterán B (de 50 en adiante)
Art.5) Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba 8 de Agosto na zona da saída en horario de 17:00 a 18:00h debendo o atleta levar o dorsal visible e sen dobleces no peito e sen manipular o chip.
A participación sen dorsal, ou co correspondente a outro corredor ou con outro que non sexa o oficial da proba está totalmente prohibida e poderá suponer a exclusión inmediata da proba por parte dos membros da Organización.
Art.6). Premios: "Entregaranse medallas para tódolos nenos"
Carrera Absoluta:
5km
- 3 primeiros clasificados Masculino e Femenino.
10km
- 3 primeros absoluto Masculino e Femenino.
Veteran A os 3 primeiros Masculino e Femenino.
Veteran B os 3 primeiros Masculino e Femenino.
Art.7). A organización terá a disposición dos atletas servizo médico con persoal sanitario e ambulancia.
Art.8). A organización terá contratado un seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos para tódolos participantes.
Art.9). Tódolos atletas que se inscriban nesta proba dan por aceptado e deben cumplir tódolos aspectos reflectidos neste regulamento.