Mér, 12 Ago 2015, 7:58
Asunto: Procedemento para tratamento en caso de lesión deportiva
Levo tempo con ganas de abrir un fío sobre este tema, gustaríame que compartísemos as nosas opinións o respecto dun tema na miña opinión moi importante e de bastante complexidade. Eu cando me xurde un problema físico derivado da actividade deportiva sempre teño as mesmas dúbidas capitais: ¿qué fago? ¿a quén consulto? E non me parece que teñan respostas de Perogrullo, coa excepción de frenala actividade que ocasionou a doenza.
Vou poñer varios casos, según o tipo de lesión e circunstancias nas que aconteceu:
1. Traumatismo, luxación, esguince ou similar adestrando pola nosa conta. Eu aquí non teño dúbidas consulta co médico de cabeceira ou si é preciso por urxencias, a partir de ahí continuar co protocolo da seguridade social ou o seguro privado no caso de contar con un.
2. Lesión de calquera tipo nunha competición ou proba organizada. Aquí tampouco habería dúbidas, hai un seguro da proba, consultar coa organización e proceder como corresponda.
3. Lesións por desgastes ou sobrecarga nos adestramentos, do tipo das tendinopatías, articulares, dores de espalda, etc. Aquí é moito máis complexo. Na seguridades social podemos darnos con varias situacións pero duas moi probables son:
• Resposta do médico de cabeceira: “si a molestia está ocasionada por correr, deixe vostede de correr, pasee, nade, etc” (así sin máis). Reposo e analgésicos tipo AINE.
• Resposta do médico de cabeceira: “Necesita vostede visitalo especialista” (actualmente esta vía parece máis complicada e si se chega a ela xa se é un afortunado ou é que ó doctor a lesión pareceulle máis grave do que aparentaba. A situación despois normalmente enrédase no tempo coas listas de espera polas citas, probas (si somos tan afortunados de que nolas soliciten, etc.). En gran parte de casos ou ben o problema enmascarouno ou enquistouno o paso do tempo ou ben o final do proceso chegamos a unha resposta similar á do primeiro suposto (“deixe vostede de correr e vivirá mellor”)
O que acabamos facendo moitos neste caso 3, é acudir a un especialista doutro tipo (fisio ou osteópata, con experiencia en lesións deportivas). En moitos casos funciona despois dunhas cuantas sesións, atopan algunha causa muscular ou do tipo que sexa que ocasionou a lesión e co tratamento e rehabilitación indicados remite o problema.
Nos casos máis complexos o problema que vexo desta última vía é o diagnóstico, un fisio non ten medios para facer probas diagnósticas de tipo radiografías, ecografías, resonancias, etc.
Esta é a gran dúbida ¿a quén recurrir neste último caso? Buscar un especialista privado que nos poida diagnosticar adecuadamente, parece unha boa solución pero demasiado costosa económicamente, quizais non nolo poidamos permitir.
¿Sería aconsellable facer un seguro privado que cubrise este tipo de tratamentos dun xeito máis rápido que na seguridade social? Podería ser unha opción.
¿Sería aconsellable federarse para dispor dun seguro médico que cubra este tipo de tratamentos? Hai quen o aconsella pero según teño entendido os seguros das federacións non cubren as lesións ocasionadas por adestramento inadecuado, e esto pode abarcar casi todo tipo de lesións deste caso 3.
Desculpade pola paliza que vos acabo de soltar, pero quería expresar ben o que penso sobre este tema.
¿Vós que opinades sobre todo esto? ¿Cal é a vosa experiencia? ¿Qué recomendacións faríades en base a ela?
¡Un saudo a todos!
Dar ejemplo no es la principal manera de influir sobre los demás; es la única manera.
Albert Einstein