Dom, 13 Set 2015, 22:56
Asunto: Re: Forerunner 15
O forerruner 15 é igual que o 10 pero con datos de Cardio. Eu teño o 10 así que sin ser o tema de cardio tamén che podo comentar
Serve para saber qué ritmo levas, qué distancia fixeches e canto tempo levas de carreira, ademáis dos datos de cardio. Na pantalla pódense configurar dúas 'visualizacións'; podes combinalas: por exemplo unha con velocidade e distancia e outra con pulso e tempo recorrido. En carreira cambias de visualización cun botón.
Graba 7 sesións e a batería dura unhas 5 horas como máximo. A velocidade pódese configurar en minutos/kilómetro ou kilómetros/hora, entre outras opcións (antes de empezar, non durante a carreira así que para triatlon non é cómodo) . A batería carga rápido, os datos pásanse ao ordenador a través dunha pinza USB. É robusto (ainda que eu tiven que comprar unha segunda pinza de descarga porque o cable empezaba a fallar). Pódese consultar o historial na propia pantalla do reloxo, graba as mellores marcas. Ten Virtual Pacer, é dicir que lle podes poñer a velocidade á que queres ir e vaiche dicindo con pitidos e avisos na pantalla se vas diante ou detrás. Esto pode ir ben para 'azuzarte' en entrenos ou para non durmirte en carreiras, etc...
O que lle boto de menos é a posibilidade de programarlle series (ao meu bótolle de menos tamén o tema do cardio, pero o 15 o trae así que ese problema non o terías). Con series sería para min perfecto, pero non as ten. Ten unha chorrada de andar/correr que vale para pouco.
A día de hoxe igual xa tes mellores opcións calidade/prezo