Foros ›
Autor
Mensaxe
Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Mar, 24 Xul 2007, 13:33
Asunto: Carreira Popular Lalín

Para que apuntedes nas vosas axendas:

O Domingo 16 de setembro celebrarase unha nova edición da Carreira Popular de Lalín, fin de semana anterior a celebración das festas patronais de Lalín.

A organización correrá a cargo do Clube Escola Atletismo Deza (CEADEZA) co patrocinio do Concello de Lalín a través da Fundación do Deporte.

Próximamente colgaremos no calendario mais información como a hora, categorías, distancias, premios, etc.

Un saúdo
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 08 Ago 2007, 21:35
Asunto:

Xa está a información no calendario polo que vexo.
7.5 km que polo recorrido que é, hai parte asfalto e parte batida con algunha pendente, ¿non si Quian?
A ver se a xente anima.
Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2007, 14:00
Asunto: carreira de Lalin

Efectivamente, xa está colgada a información sobre a carreira no calendario, só recordar que para inscribirse fai falla o nome, apelidos, data nacemento, localidade e clube o que o teña, o número de fax correcto é o 986.78.16.73, (a ver si nolo modifican).

En canto o recorrido non varía moito o dos outros anos, para os que non viñestes nunca discurre o longo dun paseo o lado dun río, con zonas arboradas, é precioso para disfrutar dunha mañá correndo, dende aquí invítovos a participar, seguro que vos gustará.

O perfil é practicamente chan, salvo no último kilómetro e medio en que pica un pouco para riba, de todas formas non é demasiada pendiente, vamos, unha carreira apta para principiantes.

Un saúdo, esperamos nos visitedes.
Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2007, 14:04
Asunto: carreira de Lalín

Para telmocho: Efectivamente o terreno é de 4,5 Km. de asfalto e 3 Km de terra, o cal é de agradecer para as nosas perniñas tan castigadas.
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2007, 14:17
Asunto:

Teño familia por Lalín, a ver se me animo a participar, como aínda queda tempo xa decidirei, a ver por onde ando nesas fechas.
Dixeche 4,5km pero supoño que querías dicir 7.5km.
Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2007, 20:45
Asunto: carreira Lalín

Para Telmocho: Que va, dixen ben,


4,5 de asfalto
+ 3 de terra
---------------------
7,5

Un saúdo, vémonos en Lalín.
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 10 Ago 2007, 0:01
Asunto:

Jaja, mea culpa, perdoa.
LODAIRO

Novo foreiro
Novo foreiro
19/05/07
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2007, 17:57
Asunto:

NON SON MUI PROFESIONAL PERO PARA CHEGAR ENTRE OS Ã?LTIMOS ANIMOME, ESPERO LEVAR ALGUN COMPAÃ?EIRO MAIS DA ZONA DE SANTIAGO.
HAY ALGUN CORREO ELECTRONICO PARA ANOTARSE?
Quian

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/03/07
0 Carreiras
119 Mensaxes
LALIN
Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2007, 23:34
Asunto:

Precisamente esta carreira está moi ben para os non profesionais, por eso non se dan cartos, je je je.

Bromas aparte a carreira é moi bonita polo recorrido que ten, case toda o lado dun rio, o traxecto de ida por asfalto e o de volta por terra, o cal é unha gozada para as pernas, libre do sempre molesto tráfico de coches, só natureza e árbores. Se vindes seguro que vos vai gustar, anímovos a que veñades a Lalín.

O correo electrónico para inscribirse é pavillon @ lalin.org, hai que dar o nome, apelidos, data de nacemento, localidade e clube se se ten, pero ollo as inscripción recolleranse do 1 o 14 de setembro ata as 20:00 Horas. O día da carreira non se recollen inscripcións.

Máis información no calendario de carreiras, 16 de setembro.

Vémonos en Lalín.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos