Ven, 23 Out 2015, 9:28
Asunto: Re: II Carreira Popular Romaría Vikinga 10K
REGULAMENTO
II CARREIRA POPULAR “ROMARÍA VIKINGA 10K” DE CATOIRA
COLABORAN
Protección Civil de Catoira, “Catoira Corre” e demáis voluntarios.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍAS
- Pitufos (2010 e posteriores): 100 m
- Benxamín e Prebenxamín (2006-2007-2008-2009): 400 m
- Alevín (2004-2005): 800 m
- Infantil e Cadete (2000-2001-2002-2003): 2000 m
- Absoluta (1999 e anteriores): 10.000 m
- Veteranos M40 (1966-1975): 10.000 m
- Veteranos M50 (1965 incluído e anteriores): 10.000 m
HORA DE COMEZO
O comezo da carreira de pitufos de 100 m será ás 10:30h; benxamíns e prebenxamins 400 m. ás 10:50. O comezo da carreira de alevíns de 800 m será ás 11:15 h; infantil e cadetes de 2.000 m. ás 11:40 h e o comezo da de 10 km sobre as 12:30 h. As carreiras terán saída e meta na Rúa da Estación.
INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do mércores 25 de novembro a través da web de Emesports (www.emesports.es).
As categorías pituf@s prebenxamíns, benxamíns, alevín e cadetes a inscrición é gratuita.
Para as categorías participantes na carreira de 10 km a inscrición terá un custo de
5 euros, incluindo xa o aluguer do chip de cronometraxe.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición, na web de emesports, podédesvos dirixirao teléfono
986546801 ou ao enderezo electrónico info @ emesports.es
Todos os participantes que completen a súa inscrición terán dereito á bolsa de corredor, ademáis os
100 primeiros inscritos da proba absoluta terán como agasallo uns manguitos técnicos.
* As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META.
Na Rúa da Estación haberá delimitado un posto para retirar os dorsais e os chips dende as 9:00 h. ata 30 minutos antes do comezo da carreira.
Será obrigatorio presentar o DNI para a súa retirada. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. Os participantes das carreiras de pequenos, ( pitufos, prebenxamin, benxamín,infantil e cadete) tamén poderán recoller o seu dorsal no mesmo posto.
Na rúa da Estación, situarase a saída e a meta de tódalas carreiras.
PREMIOS
- Medallas para os participantes nas categorias chupetes, pituf@s, prebenxamins, benxamins, infantís
e cadetes.
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral absoluta (10 Km).
- Trofeo para o primeir@ atleta de Catoira da categoría xeral (10 Km)
- Non haberá premios económicos.
- Os trofeos non serán acumulativos.
PERCORRIDO
- As carreiras das categorías inferiores Terán lugar nun circuito pola propia Rúa da Estación.
- Na categoría absoluta, a saída e a meta estará colocada na Rúa da Estación
REGULAMENTO
1.- O Concello de Catoira será o organizador da II Carreira Popular “Romaría Vikinga 10K” de Catoira.
2.- O Concello de Catoira, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
3.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4.- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5.- Os atletas participarán cos
dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento ben visible.
6.- Na carreira de 10 Km utilizarase un
chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Emesports. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).
¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!
7.- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descualificado.
8.- A saída da 1ª carreira será a partir das 10:30 h para as categorías inferiores e as 12:30 h para a categoría absoluta.
9.- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
11.- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado cada km e contará cun avituallamento no punto intermedio.
12.- A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
13.- Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de
"coche escoba".
14.- O
acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descualificación.
15.- O
control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 1 hora e 30 minutos despois de que se dea a saída.
16.- As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.
17.- Os trofeos non serán acumulativos.
18.- A entrega de trofeos está prevista para as 13:45 h.
19.- Os corredores poderán utilizar o
pavillón municipal para asearse e ducharse despois da carreira.
20.- Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.
21.- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un
comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral
22.- A organización resérvase os dereitos de imaxe desta proba.
Última edición por VIKINGO o Ven, 23 Out 2015, 14:57; editado 3 veces