Mér, 30 Dec 2015, 10:22
Asunto: San Silvestre na Costa da Morte
Un ano máis, e xa van 8, faremos a tradicional San Silvestre de Baio. É unha milla (uns 1600 m) case totalmente llana que transcurre ao longo do paseo fluvial de Baio.
Hai só tres premios: o do vencedor absoluto, o do vencedor na categoría de menores de 14 anos (que só fan uns 400 m) e o do mellor disfraz, pois esta carreira ten un carácter tamén festivo e polo tanto hai a posibilidade de correr disfrazado.
A carreira é ás 5 da tarde e para participar só hai que estar uns 10 minutos antes das 5 no lugar de saída para recoller o dorsal. A inscrición é gratuita.
O lugar de saída é no inicio do paseo fluvial (para os que coñezades algo de Baio, é cerca das dúas cervecerías).
É unha carreira mooooooi humilde (vamos, que nada de chips nin de grandes montaxes nin outras cousas que hai nas carreiras habituais), con só uns 50 participantes en edicións anteriores, no que o único obxectivo é pasalo ben e onde hai basicamente tres tipos de corredores: os que van a pola victoria, os que imos só ca idea de facer un bo tempo e os que van en plan festeiro (con disfraz ou sen el).
Un dos alicientes da proba tamén é batir o record da mesma, que o ten Martín Regueira Rellán (5 minutos, 2 segundos desde o ano 2012 se non recordo mal).