Xov, 07 Xan 2016, 9:36
Asunto: Re: Quedada duatlón de Reparada
gallego escribió: |
Eso vai ser un inferno. O circuito novo, básicamente sigue sendo rodador, ou meteron zonas complicadas??? |
Non hai cambios, o circuito é o dos últimos anos. Incluso unha zona que outros anos era un pouco chunga polo tema do barro (había que ir bordeando e zafabas), este ano está arranxada e aí tamén se pode ir a todo gas.
O inferno ímolo ter en dous tramos moi concretos: un duns 150 m que é onde imos ter auga á altura da cadena (ou seguramente mais) e ao ancho de todo o camiño (vamos, que non hai escapatoria) e logo outro duns 300 m onde teremos que atravesar unha pequena ponte e onde o rio seguramente está desbordado, seguido dunha pequena subida co camiño algo impracticable. A última vez que fixen o percorrido (mediados-finais de decembro) aínda non chovera moito e xa había algo de barrizal. Co que caeu/cae estes días non quero pensar como estará aquelo. Vamos, que haberá que meter o plato pequeno de todo, un piñón enorme e a pedalear en plan molinillo
Quen lea isto que non pense que o circuito é perigoso; todo o contrario. Non hai baixadas técnicas nin subidas do tropecentos por cento. O 90% do recorrido faise a plato e tan só neses dous tramos igual hai que poñer pé a terra (ou a auga según se mire...) pero non por risco de caidas, senón porque a lameira é tan grande que quedas enterrado.
O que está claro é que o imos pasar moi ben jeje.