Foros ›
Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 9:04
Asunto: Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016

REGULAMENTO DO IV CIRCUITO DE CARREIRAS PEDESTRES PONTEVEDRA (CCCP) 2016

1. QUE É O CCCP
O Circuíto de Carreiras Pedestres (CCCP) de Pontevedra é un programa anual de carreiras pedestres que se organizan ao longo de todo o municipio para fomentar a actividade físico – deportiva e, en moitos casos, promover a vida asociativa e deportiva en cada parroquia. Entre os seus obxectivos está os de fomentar a recreación, a saúde, e a posibilidade de ocupar o tempo de lecer de forma saudable.

2. QUEN ORGANIZA O CCCP
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (Organismo Autónomo do Concello de Pontevedra) coordina o CCCP 2016 que contará coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e coa colaboración particular das seguintes entidades sen ánimo de lucro Asociación de Veciños Salcedo Norte, Consello de Barrio de Monte Porreiro, a Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.

3. QUEN PODE PARTICIPAR
Todas as persoas maiores de 18 anos o día da carreira e inscritas previamente na Liga do CCCP. Todos os/as atletas deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o dorsal, con calquera documento oficial que teña fotografía.
Categorías para anos cumpridos o 31 de xaneiro

Promesas de 18 a 22 (masculino e feminino)
Senior de 23 a 34 (masculino e feminino)
Veterán 1 de 35 a 39 (masculino e feminino)
Veterán 2 de 40 a 44 (masculino e feminino)
Veterán 3 de 45 a 49 (masculino e feminino)
Veterán 4 de 50 a 54 (masculino e feminino)
Veterán 5 de 55 a 59 (masculino e feminino)
Veterán 6 de 60 a 64 (masculino e feminino)
Veterán 7 de 65 en diante (masculino e feminino)

Participación individual
Cada atleta competirá na categoría que lle corresponda por idade cumprida no comezo da primeira carreira que conforma o CCCP 2016 (31 de xaneiro), mantendo dita categoría ata a derradeira proba.

Participación equipos mixtos
Os equipos deberán estar formados por un mínimo de 6 persoas e un máximo de 12, e polo menos 1 persoa deberá de ser de xénero distinto entre os 6 primeiros participantes, 2 persoas de xénero distinto entre os 7 e 10 primeiros participantes, e 3 persoas de xénero distinto entre os 11 e 12 participantes totais (por exemplo 5 homes e 1 muller, 6 homes e 2 mulleres, 7 homes e 2 mulleres, 8 homes e 2 mulleres, 8 homes e 3 mulleres, e 9 homes e 3 mulleres). A súa vez, cada atleta participará, individualmente, na categoría que lle corresponda por idade, conforme ao determinado na táboa anterior. Así como na clasificación absoluta e compensada.

4. EN QUE DATAS E A QUE HORAS SERÁN AS CARREIRAS

CARREIRA - LUGAR - DISTANCIA (m) - DATA - SEMANA - HORA
San Brais (Salcedo) - 6.500 - 31/01 - Domingo - 12.00 h.
Monte Porreiro - Monte Porreiro - 8.000 - 03/04 - Domingo - 11.00 h.
Campañó (Campañó) - 9.650 - 28/05 - Sábado - 17.00 h.
PonteNoite 5+5 - Cidade - 10.000 - 18/06 - Sábado - 21.00 h.
Santiaguiño do Burgo (Lérez) - 6.500 - 25/07 - Sábado - 11.00 h.
Medio Maratón (Cidade) - 21.097 - 16/10 - Domingo - 11.00 h.
Por motivos técnicos, ou causas de forza maior, os horarios poderán variar ou, de ser necesario, poderanse excepcionalmente suspender.

5. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación que, en tempo e forma, se comunique por parte da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde. A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
- Eximo á organización de toda responsabilidade que puidera derivar da miña participación no evento, como perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...
- Todos os/as participantes no CCCP aceptan todos os dereitos e obrigas do presente regulamento e o de cada unha das probas individuais.
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación extraordinaria, estarase ao que dispoña a Organización.

6. CHIP
Obrigatoriamente todos os deportistas terán que levar o dispositivo (chip) atado ao calzado, e estableceranse “alfombras de paso” polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros poderán ser descualificados.

7. INSCRICIÓN NO CCCP
Sistema de inscrición
A inscrición no CCCP realizarase a través da páxina web dedicada en www.championchipnorte.com mediante o pago con tarxeta de crédito. Excepcionalmente, en caso de ter calquera incidencia, poderase facer a inscrición de xeito presencial nas oficinas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra en horario a acordar co Club chamando ao tel. 986 871 248 ou 685 542 802.

Prazo de inscrición
O prazo para inscribirse rematará no mesmo momento no que se pecha a inscrición da terceira carreira programada. Os participantes na primeira e segunda carreira, que non fixeron a inscrición no CCCP 2016 (e só a fixeran na/s propia/s carreira/s), se aínda se queren inscribir no CCCP para a terceira carreira e sucesivas, recuperarán automaticamente, para a súa puntuación final, o resultado acadado nesas Carreiras nas que participase e aínda non formaba parte do CCCP 2016.
No caso de que unha persoa cumpra os 18 anos despois do 31/01/2016 poderá inscribirse no CCCP 2016 cando sexa maior de idade e sempre antes da finalización do prazo de inscrición do CCCP 2016, seguindo as indicacións anteriores e só poderá correr para o CCCP nas carreiras nas que fora maior de idade.

ALISTAMENTO DE EQUIPOS MIXTOS (https://championchipnorte.com/ayuda-equipos)
1. Inscribirse individual e inicialmente en www.championchipnorte.com cada un dos/as compoñentes do equipo.
2. Un só “capitán/a” do equipo convidará (como nunha rede social) a un mínimo de 6 e un máximo de 12 membros do seu equipo, e polo menos 1 persoa deberá de ser de xénero distinto entre os 6 primeiros participantes, 2 persoas de xénero distinto entre os 7 e 10 primeiros participantes, e 3 persoas de xénero distinto entre os 11 e 12 participantes totais (por exemplo 5 homes e 1 muller, 5 homes e 2 mulleres, 6 homes e 2 mulleres, 7 homes e 2 mulleres, 8 homes e 2 mulleres, 8 homes e 3 mulleres, 9 homes e 3 mulleres), debendo cumprir cada un deles, as condicións e características determinadas nos puntos anteriores.
3. Cada un dos/as convidados terá que aceptar expresamente a súa invitación no seu perfil para formar parte do equipo.
4. O equipo poderá sumar membros (sempre xestionados polo “capitán”) ata o fin de prazo de inscrición individual no CCCP; cada un dos deportistas incrementados/as sumará puntos ao seu equipo dende o momento da súa alta individual no CCCP.

8. CANTO COSTA TOMAR PARTE NO CCCP
A cota individual de inscrición no CCCP será de 30 € para os posuidores de “chip amarelo”, e 45 € para os que non o teñan porque entregarémoslle un “chip amarelo” (que poderá utilizar tamén noutros eventos externos ao CCCP, cronometrados pola empresa ChampionChip).
Este prezo de compra do “chip amarelo” de 15 €, só será válido para os participantes no CCCP e ao remate da derradeira carreira poderase devolver o “chip amarelo”, retornándolle ao posuidor 6 €. Só se admitirán a devolución dos “chips amarelos” mercados para o CCCP 2016.

9. QUE DEREITOS ADQUIRO AO FACERME CORREDOR/A DO CCCP
- Pagar un só prezo reducido por tomar parte en todas as probas do CCCP 2016.
- Estar inscrito automaticamente en todas as carreiras que formen parte do CCCP 2016 e asegurando a praza, de selo caso, en aquelas que poidan ter límite de prazas.
- Recibir un mesmo dorsal para todo o CCCP que debes de reutilizar e manter fisicamente durante toda a tempada (en caso de extravialo terás que solicitalo por correo-e e pagar 2 €).
- Recibir unha bolsa especial do corredor/a.
- Recibir calquera outro agasallo cos que, en caso de habelos en cada carreira, se poda obsequiar a cada corredor/a, no propio lugar e horarios de cada secretaría de cada proba.
- Optar aos premios de gañadores/as.
- Tomar parte nos posibles sorteos especiais.
- Ter atención sanitaria urxente e estar cuberto por un seguro de accidentes.

10. CON QUE SEGURIDADE CONTAREMOS
Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
Todas as carreiras terán subscrito o seguro de responsabilidade civil do Instituto Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra, e contarán tamén cun seguro de accidentes.

Asistencia médica e ambulancia
Cada carreira terá obrigatoriamente, como mínimo, un/ha médico/a na proba durante o tempo completo da proba e ata 30 minutos despois do remate da derradeira proba e da chegada do último corredor/a. Nas probas cunha participación que supere ás 750 persoas contarase coa presenza de dous médicos/as e dúas ambulancias.

11. CLASIFICACIÓNS DO CCCP
O CCCP terá catro clasificacións distintas.
- "Absoluta" realizarase entre todos os participantes de cada xénero.
- "Categorías" unha clasificación para cada unha das categorías indicadas no cadro do artigo 3º.
- "Compensada" realizarase entre todos os participantes de cada xénero, logo de aplicar as táboas de compensación de idade (o día de cada carreira) da Asociación Mundial de Atletas Masters www.world-masters-athl...ing-tables
- “Equipos mixtos” realizase entre todos os equipos mixtos participantes.

Sistema de puntuación para determinar as clasificacións individuais (absoluta, categorías e compensada)
Para a puntuación do CCCP establecerase unha clasificación en cada carreira soamente entre as persoas inscritas no Circuíto, e segundo a categoría a cal corresponda cada participante ou equipo.
A clasificación da primeira e segunda carreira, poderá sufrir variacións en función do disposto no artigo 7 (prazo de inscrición)
Nesta clasificación establecerase unha puntuación por postos, de tal maneira que o gañador/a de cada carreira recibirá 1 punto, o segundo 2 puntos, e así sucesivamente. Na puntuación do Medio Maratón Pontevedra que terá un valor especial (polo extraordinario da proba), dividirase o posto acadado entre 2.
A clasificación definitiva farase sumando a mellor puntuación acadada nun mínimo de catro probas, sendo os mellores clasificados/as os que teñan menos puntos.
No caso de empates terase en conta, neste orden, o número de probas rematadas, a maior distancia en kilómetros percorridos, e os mellores resultados acadados nas probas non computadas.
Exemplos de puntuación para unha Veterana 4 (por exemplo) do CCCP:

Clasificacións equipos mixtos
Para determinar a clasificación final, en cada carreira, sumaranse os tempos reais na clasificación “absoluta” dos 6 mellores corredores/as do equipo (dos 6 corredores/as con mellor tempo na clasificación “absoluta”, 1 persoa deberá ser de xénero distinto aos outros/as), e a continuación outorgarase 1 punto ao equipo que menos tempo sume, 2 puntos ao seguinte e así sucesivamente. De non participar o mínimo de compoñente sumarase (por cada deportista que falte) o tempo do derradeiro participante dos inscritos no Circuíto. Calquera equipo dado de alta, en calquera momento autorizado do CCCP, puntuará nas 6 carreiras, tome parte nelas, ou non.
Determinarase gañador o equipo mixto que ao final das 6 carreiras teña menos puntos. Se ao longo do prazo de inscrición de equipos se incorpora a algún corredor/a nalgún equipo xa constituído, este deportista tamén se terá en conta os seus tempos individuais, ao equipo, dende o inicio da súa participación individual nesta edición do CCCP.

12. RECLAMACIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS
As reclamacións aos resultados poderán facerse unha vez publicados os de cada carreira, sendo admitidas ata as 23.59 horas do segundo luns tras a proba, e sempre por escrito, xa fora nas oficinas do IMD Pontevedra (Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra) ou a través do correo-e imdtecnico @ pontevedra.eu; rematando o prazo entenderase as clasificacións como definitivas.
A descualificación dun atleta nunha proba individual supón a non puntuación e amoestación pública en dita proba, mentres que a descualificación dun atleta en 2 probas individuais do CCCP, supón a perda inmediata de todos os dereitos de clasificación e eliminación do dorsal, a todos os efectos, do CCCP. Se o/a atleta descualificado pertence a un equipo mixto do CCCP 2016, o seu equipo tamén penalizará sumando o tempo real do último clasificado na mesma proba na que este/a atleta individual fora penalizado.

13. ENTREGA DE PREMIOS
Ao remate de cada proba individual entregaranse só os premios de cada carreira, non os do CCCP que só se entregarán ao remate do circuíto en data a definir. Os/as atletas con dereito a premio deberán estar presentes na entrega de premios, podendo delegar noutra persoa; do contrario enténdese que renuncian ao seu premio e perderán o dereito a recollelo.
Entregarase trofeos aos tres primeiros clasificados individuais das clasificacións finais masculina e feminina anunciadas no punto 11 do presente regulamento, así como medallas individuais aos compoñentes dos tres primeiros equipos clasificados. A maiores entregarase un vale a cada gañador/a absoluto para mercar no comercio local de Pontevedra do seguinte xeito:

I N D I V I D U A I S
1º Absoluto/a Masculino Feminina 500,00 €
2º Absoluto/a Masculino Feminina 400,00 €
3º Absoluto/a Masculino Feminina 300,00 €
E Q U I P O
1º Equipo Mixto 500,00 €

14. PROTECCIÓN DE DATOS E CESIÓN DE IMÁXENES
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, cumprindo a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Nadal, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informa ao usuario que os datos persoais que aporta coa súa inscrición, serán engadidos en ficheiros informatizados de datos de carácter persoal da súa titularidade. O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra ten a obrigación de secreto dos datos e o deber de gardalos,e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A inscrición a algunha destas probas comporta o consentimento do/a participantes para que a través do correo-e ou número de teléfono móbil facilitados, se lle poda informar das probas do Circuíto de Carreiras de Pontevedra, así como novas vencelladas co mundo do atletismo popular que pensemos podan ser do seu interese.
A efectos de notificación todo corrector inscrito autoriza como medio de notificación legal o correo-e ou o teléfono móbil.
Todos os participantes ao aceptar este Regulamento autorizarán expresamente ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra o uso das imaxes capturadas en tales actividades para fins exclusivamente promocionáis e de contido deportivo.
Mickhellon

Novo foreiro
Novo foreiro
5/02/13
0 Carreiras
31 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Xan 2016, 13:29
Asunto: Re: Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016

Apuntado. Ahi vamos!!! Bailar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos