Xov, 21 Xan 2016, 19:17
Asunto: Trail de San Isidro-Pobra do Caramiñal [21/2/2016]-ARTS2016
Día: 21 de Febreiro de 2016
Hora: 11:00 h.
Saída e chegada: Igrexa de San Isidro de Postmarcos (Autovía do Barbanza - Saida 31 - Dirección San Isidro)
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións:
www.arousa.com e
www.galitiming.com
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 13 km.
Desnivel+: 523 m.
Custe inscrición: 8€
Data límite inscrición: 17 de Febreiro
PRESENTACIÓN
O Trail de San Isidro, nace nun entorno espectacular, cheo de sendas e camiños perdidos, e de regatos que inevitablemente teremos que cruzar sin evitar empaparnos. Paisaxes e crestas que nos permitirán contemplar o val de San Isidro, baixar a carón do río Pedras, e descubrir pontes e capelas ocultas no medio da frondosa vexetación.
Con respecto ao recorrido, pódense diferenciar dúas partes bastante diferenciadas, un primeiro tramo, casi chan e asumible técnicamente, para aventurarnos pola porta de entrada dun cortalumes que nos vai levar hacia a zona máis alta e con camiños máis abruptos, donde haberá que demostrar pericia técnica sorteando nunha senda na que a paisaxe será sencilla e espectacular, abríndose a Ría de Arousa aos nosos pes.
Mantemos a clasificación en dúas categorías de SENIOR e VETERÁN, tanto masculina coma feminina, entrando na primeira delas (SENIOR) os menores de 45 anos, e na segunda (VETERÁN) os maiores; para as féminas o corte establécese nos 40 anos. E haberá un trofeo especial ao mérito deportivo para aquel corredor e corredora que entren pechando o pelotón (dentro do tempo máximo establecido para a proba).
O Trail de San Isidro forma parte da segunda das probas do Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, e lembrade que temos premios especiais para os gañadores, e unha prenda técnica para tod@s os que desexedes formalizar a inscrición para participar nas catro probas, e que se vos entregará cando retiredes o dorsal na primeira delas. Ademais os participantes que rematen as catro probas terá un premio finisher. Esperamos que vos guste esta iniciativa na que se incorpora coma novidade a posibilidade de participar en todas as probas coma equipos de dúas persoas.
Última edición por Edu_Iglesias o Xov, 04 Feb 2016, 19:28; editado 1 vez