Foros ›
IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Feb 2016, 17:14
Asunto: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

SÁBADO 30 DE XULLO

Como tódolos anos, o percorrido será o mesmo así como o comezo das probas que será a partires das 19:00h as carreiras de menores e ás 20:00h a de 7Km.

Estamos a elaborar o evento, polo que, se houbera algún cambio con respecto ás anteriores edicións, principalmente de horarios e categorías, en cando teñamos ás bases perfiladas porémolas nesta páxina para que teñades toda a información.

Podemos adiantar que, por primeira vez, recibiredes unha camiseta técnica á hora de recoller o dorsal.

Os que xa viñestes en outras edicións, esperamos contar convosco, e para os que non, animámosvos a probar un percorrido curto pero exixente dun circuíto urbano ateigado de xente que non para de animar a tódolos participantes.

Esperámosvos.

Saúdos.
AanDreS

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/09/11
5 Carreiras
353 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Feb 2016, 13:38
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Sorriso Como me gustan esas latitudes... inda haberá que tomarlle unhas cañas para que un dia fagades o percorrido ata Presqueria... jjj

Se Dios quere este ano non falto... espero gañar trofeo na miña categoría para ofrecerlla "o Sevillano" ... unha aperta

éxitos mil vos desexo!!
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Feb 2016, 10:42
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas


cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Feb 2016, 18:32
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

CARTEL EDICIÓN 2015



SALIDA CARREIRA



CARREIRA




cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Mai 2016, 17:56
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Boas tardes

A próxima semana xa teredes no calendario o regulamento da carreira
Intentamos mellorar cada ano polo que esperamos que vos guste

Ata entón, un saúdo a tod@s
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Xuñ 2016, 9:41
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Bos días

Por problemas técnicos borrouse do calendario o evento da Carreira

Estamos intentando solucionalo canto antes

XA TEMOS O REGULAMENTO

Porémolo de momento no foro

Grazas e desculpas

Saúdos
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Xuñ 2016, 9:47
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

IX CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

Data: Sábado 30 de xullo de 2016.
Hora: a partires das 19.00 h.
Lugar: saída e chegada nas piscinas municipais do Parque Ansuíña.
Distancias: 150, 750, 2.300 e 7.000 m.
Organiza: Concello de Baños de Molgas.
Inscrición: a partires do luns, 27 de xuño. Data límite o 28 de xullo ou o chegar a 300 inscritos na proba absoluta en www.championchipnorte.com (Pitufos non fai falta anotarse).
Web: www.concellodemolgas.es

REGULAMENTO DA CARREIRA:

1º - PERCORRIDO: Circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

2º - HORARIOS:
- 19:00: Pitufos
- 19:15: Benxamín/Alevín
- 19:30: Infantil/Cadete
- 20:00: Xuvenil, Promesa, Senior e Veteranos

3º - As CATEGORÍAS da carreira serán as seguintes:
- Pitufos: nacidos no 2011, 2012, 2013 e 2014.
- Benxamín: nacidos no 2007, 2008, 2009 e 2010.
- Alevín: nacidos no 2005 e 2006.
- Infantil/cadete (M-F): nacidos no 2001, 2002, 2003 e 2004.
- Xuvenil (M-F): nacidos no 1997, 1998, 1999 e 2000.
- Promesa (M-F): nacidos no 1994, 1995 e 1996.
- Senior (M/F): nacidos no 1993 ata veteranos A.
- Veteranos A (M/F): + 35 a 45 anos.
- Veteranos B (M/F): + 45 a 55 anos.
- Veteranos C (M/F): +55 anos en adiante.

4º - DISTANCIA:
- 150 m Pitufos.
- 750 m Benxamíns e alevíns.
- 2.300 m Infantís e cadetes (1 volta).
- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas).

5º - PREMIOS:

Pitufos: Medallas Todos
Benxamín/Alevín:Medallas Todos
Infantil: Ouro, Prata e Bronce M/F
Cadete: Ouro, Prata e Bronce M/F
Xuvenil: Trofeo 1º Clasificado M/F
Promesa: Trofeo 1º Clasificado M/F
Senior: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos A: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos B: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos C: Trofeo 1º Clasificado M/F
Mellor atleta local: Trofeo 1º Clasificado
Atleta maior idade: Trofeo 1º Clasificado M/F
Clasificación Absoluta (7Km): Trofeos 3 primeiros M/F

¡¡¡OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS!!!
- Bebidas e froita e demais agasallos, ó termino de cada proba.
- Obsequio especial para os 3 primeiros clasificados da proba absoluta tanto Feminino como Masculino de 3 vales de 100€, 75€ e 50€ respectivamente na tenda LAMARGHA de Carballiño.

6º -INSCRICIÓNS: A partires do luns, 27 de xuño.
Faranse por medio da páxina web: www.championchipnorte.com
Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto e_mail.
O custo de inscrición será de 6 € para os participantes da carreira de 7 Km, sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.
O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 Km.) remata o xoves, 28 de xullo as 24 horas ou o completar 300 inscritos.
OS PITUFOS NON FAI FALTA ANOTARSE!!!

7º -DORSAIS: Entrega o Sábado, 30 de xullo de 18:00 a 19:30 horas para os participantes da carreira dos 7 Km nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.
Nas categorías menores recollida do dorsal o sábado ata 30 minutos antes da saída da proba.

8º -CHIP: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ó finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta menos os posuidores do chip amarelo.

9º -DUCHAS E VESTIARIOS: nas Piscinas Municipais.

10º -SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL durante o evento.

11º -A ORGANIZACIÓN DECLINA TODA RESPONSABILIDADE respecto ós incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer ós participantes desta carreira.

12º -DESCALIFICACIÓNS: Serán motivos entre outros os seguintes, non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulado, falsificar os datos persoais.

13º -CONTROL: A Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terá como máximo responsable o Xuíz Arbitro. O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

14º -INFORMACIÓN: Para a Carreira: 629 95 37 59/699 92 08 92. Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00 de luns a venres, de 9 a 14 h).


Última edición por cmolgas o Xov, 02 Xuñ 2016, 14:41; editado 1 vez
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Xuñ 2016, 9:52
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

REGULAMENTO DA CARREIRA



regulamento carreira 2016.rar
Descrición: REGULAMENTO
Nome do arquivo: regulamento carreira 2016.rar
Descargado: 273 veces
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Xuñ 2016, 11:38
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas


cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Xuñ 2016, 14:07
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Boas tardes

Xa podedes ver no calendario toda a información sobre a Carreira 2016.

Tamén, para os que nunca viñéstedes o noso Concello, tendes toda a información na web do Concello: www.concellodemolgas.es onde tamén podedes encontrar información de anteriores edicións da Carreira Popular do San Salvador.

Este ano haberá algunha que outra sorpresa que vos iremos avanzando!!

Ata entón, un saúdo a tod@s
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Xuñ 2016, 14:09
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Boas tardes

Recordarvos que o próximo luns día 27 comeza o prazo de inscrición para a carreira. Xa sabedes que será por medio da web de www.championchipnorte.com, na que o longo de esta semana estará disposto o evento.

Tamén crearemos un evento no facebook o próximo fin de semana.

Queda pouco mais de un mes para a carreira, tempo suficiente para que podades organizar o voso calendario, eso si, non vos esquezades de poñer na vosa axenda: Sábado 30 de xullo ocupado, carreira de Molgas!!!

Ata pronto e saúdos
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Xuñ 2016, 15:37
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Boas tardes

Xa está aberto o prazo de inscrición que, como sabedes, faise por medio de Chamionchipnorte mediante o seguinte enlace: championchipnorte.com/...rme/id/870

A esta hora xa temos a 23 deportistas anotados, polo que non esperedes o último día, posto que este ano temos o límite de inscrición en 300 atletas para a carreira de 7.000m.

Tamén podedes seguir o evento a través de facebook: IX Carreira Popular do San Salvador, onde podes ver un vídeo promocional da carreira, entre outras cousas.

Xa sabedes, para calquera dúbida, podédelo transmitir a través de este foro, en facebook ou nos teléfonos que aparecen no regulamento da carreira.

Ata pronto e saúdos
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Xuñ 2016, 7:50
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Xa superamos @s 40 inscrit@s! Runmaniak, tenda colaboradora na IX Carreira do San Salvador, premia a vosa fidelidade.

Entre todos os que esteades incritos na proba absoluta antes de que remate o venres 1 de xullo, sortearemos dous cheques regalo valorados en 50 € cada un.

Anímate a participar!

O sábado día 2 publicaremos os ganadores. Moitas gracias a Runmaniak! Lalo Arce Amor!!!!!
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Xuñ 2016, 21:22
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Boas noites

A falta de 30 días para que chegue esta fermosa carreira, xa pasamos dos 100 inscritos.

Todo apunta a que este ano chegaremos os 300.

Non esperes ó último día!!!

Xa sabedes que para os que se inscriban na proba absoluta antes de acabar o venres día 1 de xullo, entrarán nun sorteo de dous cheques regalo de 50€ cada ún da tenda de deportes Runmaniak, que colabora nesta edición.

O sábado día 2, daremos a coñecer ós gañadores do sorteo!!!

Ánimo a tod@s, e seguiremos dando novidades.
cmolgas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/07/11
1 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Xul 2016, 18:38
Asunto: Re: IX Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas

Os ganadores dos cheques regalo de Runmaniak, de 50 € cada un, son:

- José Manuel Toledo Estévez
- David Carnero Ledo

Noraboa ós dous! Porémonos en contacto con vós para facérvolos chegar.

Agradecer unha vez máis a colaboración de Runmaniak coa IX Carreira do San Salvador, xa que en menos dunha semana superamos os 100 inscrit@s na carreira absoluta!

Seguiremos con sorteos nas semanas previas á carreira. En breve publicaremos o seguinte!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos