Dom, 27 Mar 2016, 18:26
Asunto: Re: 1ª Kronoeskalada Vimianzo
Hoxe pola mañá fun facer a crono correndo. Como se nota que vou vello que xa me patina a memoria... pois á descripción do recorrido que fixen no post anterior teño que facerlle uns cuantos retoques (ollo, que non é o mesmo facela correndo que na bici pois neste caso hai llanos e baixadas onde coller alento):
Como dixen nese post, xa se empeza en subida tirando a dura (sobre 300 metros), logo ven un llano, lixeira baixada e primeira rampa seria. Uns 150 metriños para levar con certa calma. Despois baixada tirando a longa (non creo que chegue ao km pero ándalle cerca) con certa pendente, un llaniño e practicamente acabouse a festa, porque a partires daí xa empeza a picar cara arriba uns metros ata que chegades a un cruce.
Aí colledes á esquerda e tira parriba. Sobre 800 m (ou quizáis algo máis) que non é que sexan unha parede pero tampouco un "falso llano". Vamos, que a subida apreta. Logo ven unha pequena baixada e ides chegar a un depósito que está situado nunha curva moi pechada cara a esquerda. Según ides baixando xa vedes a rampa que vos espera á saída desa curva. É a penúltima subida e non creo que sexan máis de 400 m, pero ten o seu "encanto", máis que nada porque xa ves queimado . Logo un llano, que se agradece como auga de maio, un pequeno repeito onde hai que queimalas naves porque xa seguido, para acabar, uns 200 m de baixada que rematan na meta e onde se pode ir a tope porque non ten ningún perigo (digoo para os que vaiades facer a bici).
A miña recomendación é, para os que vaiades correndo, que non vos cebedes na primeira parte (o sea, ata o cruce) porque senón o final vaisevos facer longo.
Para darvos unha idea do que vos pode levar, dicirvos que eu agora ando sobre os 42 minutos e pico nos 10 km e a crono (6,6 km) fíxena en 32´38´´