Ven, 01 Abr 2016, 11:32
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo
Eu rompinno e estrieino por estrés (mala amortiguación e mala técnica), non foi rotura aguda por un golpe concreto, pero seguín entrenado despois de lesionarme por 6 meses con dor (só tiña dor durante os entrenos, podía camiñar sen dor e facer vida normal). Cando estiraba o talón de aquiles algo se me aliviaba de paso a dor na parte inferior do metatarso. Comprei unhas zapas con boa amortiguación diante e axudaba a levalo mellor nos entrenos. Mal feito por min non intentar parar.
Seis meses despois rompin dous dedos do pé ao caerme enriba algo cortante e pesado (o gordo e o do medio) e non me quedou outra que parar casi tres meses. Na radiografía que me fixeron do pe ao romper os dedos tamén se ve o dano que tiña no metatarso. Non me quedou outra que parar e nestes tres meses de descanso obligado ademáis dos dedos do pé tamén se curou o sesamoideo do metatarso.
Parece ser que o sesamoideo pode romper completamente ou fisurarse por estrés. No meu caso debía ser máis leve que o teu porque ata que non rompín os dedos puiden seguir correndo por meses ainda que o fixera aguantando a dor. Co descanso prolongado (casi tres meses) curánronse as fracturas nos dedos (bueno aos dedos fáltalles un pouco aínda pero van ben) e de paso o metatarso, e por riba tamén a tendinite no talón de aquiles que levaba crónica... todo foi bo.
Agora si facer ciruxía ou deixalo só en repouso prolongado e completo, saben mellor os médicos que calquera corredor. Hai unhas zapatillas ortopédicas para poñer a diario durante a túa vida normal en caso de rotura dos dedos, que alivian a presión na parte dianteira do pé e seguro que che van moi ben para darlle repouso.
Non é exactamente o mesmo caso que o teu, pero como de momento ninguén te responde douche o meu punto de vista nun caso semellante. Ánimo e a mellorarse