Xov, 07 Abr 2016, 12:35
Asunto: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO
Boas tardes!
O vindeiro domingo 24 celebrarase no concello de Rianxo o TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA.
Deixamosvos o regulamento da proba para que vos vaiades familiarizando.
e animamosvos a participar na categoría de parellas.
Donde podedes inscribiros? Na páxina de EME Sports
emesports.es/event/tra...de-rianxo/ ata o día 21 as 23:59 horas
Artigo 1.
A Asociación Barbantia Roda e o Concello de Rianxo organizan a primeira edición
do TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO,
coa finalidade de promocionar esta modalidade deportiva e fomentar hábitos vida
saudables.
A proba non é federada.
Artigo 2.
A proba celebrarase o 24 de abril, domingo, sendo a saída da categoría absoluta ás
11 h. A distancia é de 6 km. cun desnivel acumulado de 530 m.
Artigo 3. Sedes e Programa
Sede 1.
Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña) e pavillón Municipal.
9 h. Entrega de dorsais e vestiarios.
10:15 h. Traslado aos corredores á sede 2.
Fin da proba (13 h. aprox):
Vestiarios, duchas, avituallamento final e entrega de trofeos
Sede 2.
Lugar da Hermida (Araño)
11 h. Saída da proba
Sede 3.
Alto do Pico Muralla (Araño)
Chegada e traslado á sede 1 ao remate da proba.
Artigo 4. Participación e categorías
Poderán participar todos aqueles corredores/as que así o desexen e para poder
optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado a carreira.
As categorías serán as seguintes:
Promesa 1996 – 1995 – 1994
Sénior 1993 - 1972
Veteranos 1971 e anteriores.
Parella mixta Categoría única. A partir de 1996
Parella feminina Categoría única. A partir de 1996
Parella masculina Categoría única . A partir de 1996
Artigo 5. Inscricións
Prazo:
Ata o xoves 21 de abril de 2016 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo
ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es,
Prezo:
6 € nas categorías promesa, sénior e veteranos.
Límite prazas: Non se establece límite de prazas.
Artigo 6. Clasificación e trofeos
As reclamacións ós resultados oficiais da carreira, deberán formularse verbalmente
á Organización , non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da RFEA en vigor para cada caso. A participación implica a total
aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu
obrigado cumprimento.
Serán motivo de descualificación:
Correr co dorsal doutra persoa.
Non estar inscrito na proba e participar na mesma.
Realizar a inscrición alterando os datos
Non atender as indicacións da organización.
Manifestarse con conduta antideportiva e/ou contra o medio.
Recibirán trofeo :
1. Os tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
2. O primeiro e primeira corredor/a local.
3. O corredor e corredora mais veteranos.
Artigo 7. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Publicación Resultados
emesports.es
concelloderianxo.gal
Artigo 8. Información
Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización da proba
poderán chamar aos teléfonos 629869217 e 679817015.
Artigo 9. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá
o importe da inscrición.
Última edición por PicoMuralla o Ven, 08 Abr 2016, 7:30; editado 1 vez